Blogs.ya.com Quitar publicidad
Cartas desde las Islas Ficas
Apuntes más o menos diarios sobre actualidad y sentimientos.
Acerca de
"No creo que seamos parientes muy cercanos, pero si usted es capaz de temblar de indignación cada vez se comete una injusticia en el mundo, somos COMPAÑEROS que es más importante" Ernesto Guevara
Sindicación
 
Quedan 4 horas pra saber que pasa
Fala povo fala
vota pobo vota
pero non votes a quen che exprota


 
Carta aos votantes
Este articulo lo publicó Fran Alonso el 16 de Junio en la página
Aunque está en gallego, espero que lo podais leer y entender porque me siento totalmente identificado con el


Estimado/a votante:

Quixera expresarche a miña opinión sobre o futuro político de Galicia, que precisa, con urxencia, un cambio de goberno. En primeiro lugar, gustaríame dicirche que non milito nin militei en ningún partido político, aínda que iso non é, nin tampouco o foi nunca, unha barreira de contención que me impida dicir o que penso a cada paso e a cada instante. Nese sentido, nunca evitei o posicionamento político (as persoas, queirámolo ou non, facemos política a diario) e moito menos o compromiso con aquelas ideas ou feitos que mereceron o meu interese, en ocasións mesmo a sabendas de que me traería problemas. Tampouco quero agacharche que a miña ideoloxía política se formou desde o nacionalismo, opción que aínda continúa a inspirar o meu pensamento; xa que logo, creo profundamente nun nacionalismo construtivo, aberto, plural, flexible, integrador, pragmático, liberador e cosmpolita. E, aínda que che parezan demasiados adxectivos xuntos, eses son en verdade os principios que me guían.

Aínda que este é un artigo de intervención política, de carácter excepcional, non é a miña intención dicirche a quen tes que votar o próximo día 19. Non me sentiría cómodo cunha actitude que se cadra é prepotente; ademais, eu son dos que cren que cadaquen ten que escoller o seu propio camiño desde o convencemento. Pero o que si quero facer é ofrecerche a miña propia reflexión, como persoa e como escritor que son, sobre o evoluír sociopolítico de Galicia nestes quince últimos anos.

En primeiro lugar, teño que dicir que de ningún xeito me parece bo que unha mesma persoa permaneza durante quince anos, ininterrumpidamente, ao mando dun país: as ideas esgótanse, a capacidade de renovación vaise a pique e, sobre todo, a deixadez, a rutina, os vicios e os hábitos irregulares van adquirindo protagonismo. E tamén o cansanzo, sobre todo cun candidato de 82 anos, sen máis futuro que o de asirse ao poder desesperadamente.

En realidade, o inicio da era Fraga encetou xa de xeito irregular. Eu era xornalista no desaparecido Diario 16 de Galicia cando ese periódico publicou (maio de 1990) as listas negras coas que o PP vetaba a moitos profesionais dos medios de comunicación púbicos e advertía da súa «perigosidade» por seren de esquerdas ou por simpatizaren co nacionalismo. A publicación daquelas listas deron lugar a unha persecución política sen tregua contra aquel xornal. Pero o problema é que, quince anos despois, as cousas non variaron. Durante a patética crise do Prestige toda a cidadanía puido ser testemuña do grao de manipulación informativa ao que a dereita de Manuel Fraga quixo someternos.

Maiormente, estamos gobernados por un equipo de persoas que non conciben a política como un servizo á cidadanía senón como un exercicio de poder; e a política nin é un exercicio de poder nin tampouco unha posición de privilexio que ofreza a oportunidade de facer carreira á custa dos electores nin, moito menos, un lugar estratéxico desde o que defender intereses persoais ou partidistas. E con todo, o comportamento de moitas das persoas que exercen ou exerceron cargos públicos na Xunta do PP denota que dificilmente cren na política como un diálogo fluído coa cidadanía. A dicir verdade, moitos deles nin sequera valoran positivamente a nosa lingua e a nosa cultura, esa cultura que, de verdade, ben xestionada e proxectada, podería configurarse como o noso selo de indentidade no exterior. De feito, o seu posicionamento é hipócrita; non lles interesa a interlocución social senón manter as súas estruturas e privilexios de poder.

Moitos dos conselleiros que exercen ou exerceron o poder ao longo destes dez anos non son distintos de alcaldes ou ex alcaldes como o de Negreira, o de Toques, o do Vicedo, o de Beade, o de Sada, etc. A tristísima realidade que os define é a súa incultura, a súa brutalidade, a súa falta de sensibilidade. E está é, ben o sei, unha apreciación subxectiva. Pero é que moitas veces, a subxectividade, que forma parte das nosas impresións, é a que mellor describe as persoas. E persoas así non poden gobernar Galicia a esta altura da historia. As votantes e os votantes temos que rachar, dunha vez por todas, con esa imaxe de Galicia como o último bastión da dereita máis retrógrada, con esa imaxe de Galicia como un lugar adormecido, ancorado no pasado. En definitiva, con esa imaxe dun país que xa temos demostrado que non somos.

Como persoa pertencente ao mundo da cultura, teño que denunciar que durante todos estes quince últimos anos, a dereita fixo todo o posible para que non saísen adiante as iniciativas máis dinámicas, as propostas máis atrevidas e arriscadas, aquelas que revitalizan e dignifican; a dereita fixo todo o posible para que a cidadanía non tivese voz propia, para que o corpo social mediante o que esta se expresa quedase afónico, perdese forza, perdese iniciativa e, sobre todo, perdese a ilusión. Tamén sei que a dereita adoita negar ou ignorar a expresión cultural e minimizar as voces dos seus representantes, pois considera que a nosa capacidade crítica é lesiva para os seus intereses. E a min, francamente, resúltame profundamente triste que aínda nos atopemos nun estado tan primario e tan pouco evoluído da nosa democracia política, da práctica básica da liberdade de expresión.

Nesta campaña electoral, a dereita representada polo PP está a facer todo o posible, xa á desesperada, por non perder os seus privilexios de poder, ás veces con estrataxemas visibles, pero tamén con outras que con seguridade permanecen ocultas. Logo do sucedido ao longo de todos estes anos, o presidente da Xunta, Manuel Fraga, merece unha derrota electoral: tena gañada a pulso. A nosa responsabilidade está en proporcionarlla. Se, despois do día 19, a dereita revalidase a maioiría absoluta, a situación sería tan dolorosamente decepcionante que nos levaría a unha intensa reformulación vital.

Eu, non cho oculto, vou votar polo BNG. Galicia precisa, dunha vez por todas, representación propia, sen dependencias de ningún tipo. Francamente, estou canso de que todas as opinións coincidan neste asunto pero, á hora da verdade, tal coincidencia non se materialice nas urnas. Non podemos deixar baixo a responsabilidade dos demais o que nós mesmos non facemos. O BNG ten cousas que me gustan moito e outras que non me gustan nada. Ten erros e acertos. Pero estou convencido de que chegou a hora de que a cidadanía lle outorgue unha oportunidade para tomar as rendas do país, que, en realidade, será para formar parte dun goberno de coalición. Canto máis equilibradas estean as forzas do PSOE e do BNG máis xusto e comprometido será o futuro do novo goberno que, a partir da semana vindeira, elixiremos entre todas e todos.

Eu, estimado/a votante, non quero pedir o teu voto para o BNG: dígoche que votes o que a conciencia che dite. Unicamente che confeso os motivos e o sentido do meu voto. Ora ben, o que si che solicito encarecidamente é que votes polo futuro, que votes pola esperanza, e que votes pola ilusión. O que tivemos durante quince anos xa sabemos como é. Para que a partir da vindeira semana teñamos un horizonte distinto, só falta o teu compromiso como votante. E que a túa suposta deixadez non contribúa a consolidar o establecido. Unha forte aperta, votante. Verémonos nas urnas.
 
"... de nuevo en tus brazos, para volver a nacer..."
Llevo ya días rayado con esta canción. Creo que se llama "Morirse en Bilbao", pero no se que grupo la canta (la versión que yo tengo es de un concierto con Robe de "Extremoduro" y Fito de "Platero y Tu" y "Fito y los Fitipaldis"). PIDO AYUDA!!!!!

Tengo portatil!!!!!!!!! Gracias a la promoción esta de Universia (del Banco de Santander) que los que estudiais a lo mejor habeis visto por vuestra facultad.

Y sigo sin tener internet... Osea que te tengo que escribir en la facultad, o en casa y luego subirlo...

Éste puente me voy a Santander con mis amigos. Puede ser muy grande...

PD.- ¿Alguien se ha leido "La sonrisa etrusca" de José Luis Sampedro? Si teneis el típico abuelo de pueblo que parece que siempre está de mal humor os lo recomiendo. A mí me recuerda tanto al mío...
 
No se si lo habríais visto, pero acojona eh?
 
Resaca infernal...
Madre mía, madre mía...

Recuerdo una cena con vino. 3 botellas para 4. Recuerdo 1,2,3...8 copas de ron. (Por qué coño ron si yo siempre bebo ginebra???).

Recuerdo unas "casi más que palabras" en el baño con un payaso.

Recuerdo unos ojos verdes sobre las 5 de la mañana. Ojos verdes argentinos.

Recuerdo que mi amigo le pidió el telefono y no nos lo dió porque se "enojaba" su novio.

Recuerdo volver a casa en coche. Recuerdo curvas cerradas y tirones.

Recuerdo quedarme dormido con la tele.

Recuerdo despertarme vomitando en el baño.

Recuerdo despertarme de nuevo con la misa de la televisión autonómica.

Y ahora me voy a comer.

Creo que me merezco una siesta.

P.D.- Mi padre me pregunta si quiero vino para comer.(sic)