Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Novo blogue
Moitos días levaba sen poder acceder ao blogue. A verdade é que xa daba por perdido todo o material que por aquí fun deixando ao longo de máis de tres anos. Cando vin que o parón se alongaba decidín crear outro blogue, que vai ser o que use de hoxe en adiante.
Estás convidada/o. O enderezo é ben doado: www.xose.org
 
Lume na Lareira
Noite do primeiro de agosto na casa de Manolo Cachafeiro e de Victoria en Vilar, unha parroquia do concello de Silleda. Excelentes anfitrións, obsequiáronnos con comida ben xeitosa e a fartar e, para que nada faltase, coa actuación de Lume na Lareira.


Lume na Lareira
Cargado por xdafonte


Tamén en YouTube [aquí], que agora ofrece a posibilidade de ver certos vídeos con algo máis de xeito se facemos clic no texto "VER CON ALTA CALIDAD".
 
Atraco dixital
En decembro do ano pasado fixéronnos, así como quen non quere a cousa, a falcatruada de modificar as tarifas polas que se rexía o tristemente famoso canon dixital. Iso si, tiveron a precaución de pospoñer a súa aplicación ata este mes de xuño.
O impacto nos prezos de certos artigos é brutal, como ben comprobei estes días ao ir facer unhas compras para equipar o meu lugar de traballo. Cabreoume bastante o tema (un pouco tarde, ben o sei), e dese cabreo sae este vídeo.


Canon dixital
Cargado por xdafonte


Se queres, tamén no YouTube [aquí]
 
Festa dos Callos e da Cantería
Este domingo pasado, seis de xullo, tivo lugar en Parga (Guitiriz) a décimo cuarta Feira da Cantería, dos Callos e da Artesanía. Alex Ghalpon estivo alí e achegoume unha moi cumprida reportaxe fotográfica.


Festa de Parga 2008
Cargado por ocense


Tamén a podes ver en YouTube.
 
Un biscoito para o San Pedro
Hoxe celebra meu pai o seu santo, así que miña nai aproveitou a tarde de onte para facerlle un biscoitiño para a ocasión, que ben merecido o ten. Mentres se cocía o biscoito aproveitamos para atender un pouco a horta, que está nun momento no que require moitos coidados.


O biscoito de San Pedro
Cargado por ocense

Se o queres ver en YouTube, vai aquí.
 
Polbo
Este domingo tivemos en Oza a XIII Festa do Polbo. Falabarato estivo alí de cronista gráfico e ofréceche un vídeo da celebreixon no que non aparece nin un miserable anaquiño do molusco en cuestión. Xa lle vale, tamén!

Outra cousa: fixen as xestións (thanks, Edelmiro) para rexistrar o dominio www.xose.org. Considérao a túa casa.


XIII Feira do polbo en Oza
Cargado por ocense

Se o queres ver en YouTube, fai clic.


 
www.ofalabarato.com
A idea de rexistrar o dominio falabarato xa a tivera algunha que outra vez, pero nunca dera o paso. Pois xa foi: accedín a dynahosting, paguei os meus 16 eurazos e xa teño o dominio. Un caprichiño deses que un debe permitirse de cando en vez.
Unha das consecuencias que se derivan deste rexistro é que a partir de agora podes acceder a este blog tecleando www.ofalabarato.com. Tamén podes, por suposto, seguir accedendo co enderezo antigo. Se queres mandar algún correo, podes dirixilo a este enderezo: xose@ofalabarato.com.
Tamén aproveitei para repasar as ligazóns do blog e facer algunhas modificacións.
Déixoche un vídeo, como de costume. Subino a dous portais, para que poidas comparar calidades, velocidades, etc. Aclaro que é o mesmo vídeo.

Daylimotion:

Ghallumbos
Cargado por ocense


YouTube:
 
Xuntanza de blogueiros en Agolada


Onte recibín un recado de Manuel Busto, ese gentleman agolense a quen tiven o pracer de tratar:
Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presencia. Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina.
Adxunta unha web de referencia.

Non sei se participarei nesta kedada, pero a solvencia de quen a organiza e o impresionante marco no que vai ter lugar son argumentos que estou considerando para vencer esa especie de pereza que me producen xenericamente tales concentracións. Se Edelmiro Silveira non tivese caído nun letargo de meses, esta blogoconcentración habíalle dar para algún comentario memorable e, vaiamos ao fundamental, para compartir unhas cervexiñas con Falabarato. Aí queda esa luva, don Edelmiro.

No camiño que leva de Lalín ata Agolada está a parroquia de Goiás, que é onde se gravou o vídeo que hoxe che traio. Cómpre aclarar que desta volta non foi Falabarato quen fixo o traballo, senón Xoán Carlos García, un compañeiro e amigo que é veciño desa parroquia lalinense.
Prometeume Xoán Carlos que o traballo me ía gustar e no se enganou, abofé. Impresionoume a lucidez coa que Modesto López, que é o señor que fala no vídeo, reivindica aos seus 84 anos a vixencia da necesidade da transmisión diso que globalmente podemos chamar a tradición.
(Aproveito para estrear unha conta en Dailymotion, un portal de aloxamento de vídeos que me parece máis potente que o YouTube, cando menos en prestacións. Xa me dirás.)


Os consellos de Modesto
Cargado por ocense
 
Xestión de residuos
Non é esta a primeira vez que aproveito este espazo para expresar a miña queixa pola penosa situación na que se atopan os dous ríos que pasan por Cachóns: o Tella e o Santa Lucía.
Este domingo fun con Uxío (o creador de Pipotinho) dar un paseo que me valeu para constatar que todo sigue igual. Especialmente escandaloso me sigue parecendo o caso dun depósito de augas residuais que verte directamente ao río o seu contido desde hai varios anos.

 
Tortilla de pascua
Na miña casa mantense viva a tradición de celebrar o día da pascua cun recital de tortillas. E que dure...
Para demostralo, o vídeo do making-off que aquí che deixo.