Onde carallo está Marzalino?

Acaba de saír o seu número no sorteo e tocoulle un premio, pero Marzalino non aparece. O home do micro impaciéntase: Onde carallo está Marzalino? Non é, todo hai que dicilo, o primeiro carallo que sae desa boca. Son as cinco da tarde e xa van uns cantos. Un euro por cada carallo pronunciado por ese home e facémonos ricos.
Isto que acabas de ler pasaba hoxe, último sábado de maio florido, na romaría da terceira idade do concello de Teo, xusto a uns 30 metros da ventá do meu dormitorio, mira que casualidade. O escenario xa o coñecemos: megacarpa, polbo, banda de música, empanada, misa, café de pota (con ou sin ghotas), mesa presidencial, discurso final, baile, sorteos... O home do micro era o sin par Armando Blanco, rexedor teense e gran festeiro (a foto, por certo, é de hoxe). Xuro que botou largando por esa boca durante varias horas. O tema era o de menos para quen tantos recursos atesoura: concursos por aquí, agasallos por alá, agradecementos a todo bicho vivinte, carallo por alí e carallo por acolá...
A vida do xubilado, xa dura de por si por obvias razóns, complícase sobremaneira cando soan as trompetas da precampaña. Daquela todo son tentacións gastronómicas. Xentes que aínda lembran os tempos da fame da súa mocidade vense agora abocadas a unha inxesta descontrolada de polbo, empanada e carne ao caldeiro, os símbolos patrios por antonomasia (para cando a súa incorporación á bandeira azul e branca?). Moita preocupación institucional pola obesidade infantil, con estatísticas incluídas, e aos vellos reventámolos a base dunha dieta a todas luces inapropiada. Que voten, pensarán os estrategas, e despois que reventen. Por iso me solidarizo con Marzalino, que ao mellor aínda non acabara de metabolizar a enchenta de Silleda de hai menos dunha semana e xa ten un premio que o espera: unha cea nun restaurante do concello para el e un/unha acompañante. Así e todo, moi duros che somos...
Carme
Nas últimas entregas do meu roteiro comentei as incursións, para min pouco afortunadas, de dous candidatos á presidencia do goberno galego na cibercomunicación. Pois ben, no meu paseo matinal pola rede veño de ler no blo de Brétemas a reseña dunha nova incorporación á roteirosfera (toma palabro!). Chámase Carme Adán e é, entre outras moitas cousas, candidata do BNG por Pontevedra e compañeira deste menda nos tempos de estudante de filosofía. Será por isto último, será polas louvanzas de Brétemas, será porque entrei e o lin, será por todo xunto... O caso é que me pareceu moi interesante o blo de Carme e só espero, como lle din nalgúns comentarios, que a súa presenza na rede non remate o 19 de xuño. Amén.
Matemáticas
Ben sabes que o 22 de maio tivo lugar en Silleda unha concentración-romaría para maior gloria do PP galego. Presidida por Manuel Fraga, a festa culminou nun xantar ao que asistiron, pásmate, 25.000 persoas segundo as estimacións dos organizadores.
Lendo El Correo Gallego de hoxe atopei datos reveladores que nos permiten profundizar no coñecemento das pautas alimentarias do asistente medio a estas concentracións. En concreto, El Correo di que "hubo empanada (1.700 en total), carne ó caldeiro (6.000 kilos) y vino (12.000 botellas), entre otros manjares." Eran 25.000 e beberon 12.000 botellas. Bótalle as contas e pensa como volveu para a casa esa xentiña.

Hai alguén aí?
A precampaña electoral das autonómicas galegas tamén se desenvolve en internet. Hai uns días falei do roteiro de Anxo Quintana e hoxe tócalle ao foro que mantén aberto o PSdG baixo o título Touriño Responde. Eu xa levo lidas non poucas queixas sobre, mira ti por donde, a falta de resposta do candidato ás cuestións que se lle van presentando no seu propio foro, pero ata onte non me dera o gustazo de visitalo con calma para verificar o ciber-mutismo do candidato. Veredicto: o señor Touriño non só participa moi pouco nos debates, é que as poucas veces que o fai aporta moi pouco. Creo que a un candidato á presidencia con tanta fe nas súas posibilidades -Presidente Touriño é o que reza o encabezamento do seu foro- lle viría ben un pouquiño máis de entusiasmo.
Un país de tortilla
Daba conta hai uns días da macrotortilla de Carcacía-2005. O mal tempo non fixo posíbel coiñala o 15 de maio, domingo, polo que houbo que deixala para o 17, martes, Día das Letras Galegas. Resulta admirábel comprobar que dous dos asuntos que tratei neste blog ultimamente, tortilla e Letras, acaban converxendo deste xeito.
Entre os asistentes á tortillada estaba meu irmán, que aproveitou para facerlle fotos á sartén, aos cociñeiros e cociñeiras, ao guindastre e a Quique Morales, o reporteiro que a TVG desprazou para cubrir este evento tan do seu gusto.
A foto que estás vendo non corresponde á edición deste ano senón á de 1999. O fotógrafo, que tamén é meu irmán, captou un momento clave da celebreixon: Beatriz Manjón, micro da TVG en ristre, luce escote diante da sartenaza e dos esforzados e -supoño- acalorados cociñeiros. Ao fondo podes ver o camión no que se instalou o guindastre, un elemento clave da festa pois del depende que se lle poida dar a volta á tortilla.
Un demiño que me ronda susúrrame unha frase enigmática: Sobran tortillas e faltan guindastres. Non sei se ese demiño será real ou se terei, como lle pasa ao grande estadista, un estado en la cabesa. Non che somos nadiña.

Cuéntame un cuento
No roteiro de Imeneo acabo de ler un comentario sobre Ana Pastor, a que foi Ministra de Sanidade do PP, que tivo un lapsus ao confundir o conto da leiteira con aquel outro do pastor e do lobo. Pásalle a calquera, pero ten a súa gracia. Se ves que tal faille unha visita a Imeneo e xa les a crónica. Busquei na hemeroteca de La Voz de Galicia, por aquelo de contrastar a información, e atopei este artigo.
Está tan afeitos a contarnos contos que xa pensan que todos os contos son o mesmo.
Aytolacoruna
Aytolacoruna é un palabro que condensa admirablemente unha declaración de principios que as institucións municipais d'A Coruña proxectan ao mundo desde o mesmo enunciado da súa páxina web. En fin, este asunto da hostilidade d'A Coruña oficial e de certos sectores da súa cidadanía cara o galego xa é tan vello coma andar a pé e non me vou parar nel agora.
Hoxe, ben o sabes, é o Día das Letras Galegas e chovisca aos anacos, unha combinación que de seguro vai dar lugar a grandes frases tópicas no universo RTVG. Este ano homenaxéase a Lorenzo Varela, que non é moi popular que digamos. É máis, creo que para a maioría da xente é un perfecto descoñecido. De feito, non hai moitos días estiven a buscar textos e imaxes del para elaborar un pequeno documento divulgativo e costoume atopar cousa ningunha. Estes últimos días parece que cambiou o vento e xa se atopan materiais na rede. Mira ti por donde, o azar da navegación levoume á web do concello da cidade herculina, na que ninguén é forasteiro (como me gustan estas ranciadas!), e alí atopo unha guía de lectura de Lorenzo Varela elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudios Locales, outra entidade cuxa denominación está atravesada de hiperlocalismo. A guía preséntase nun PDF de 52 páxinas e 4 megas (un peso un pouquiño excesivo) e contén, ademais da consabida reseña biográfica, a catalogación das obras de Lorenzo Varela, tanto das que son da súa autoría como dos traballos que se ocupan da súa figura. Mesmo atoparás a referencia dunha gravación sonora de Lorenzo Varela exercendo de recitador de Lorca.
Que queres que che diga? A min gustoume, descarguei os catro meguiñas, boteille un ollo ao documento e gardeino.

Unha vaca máis no millo
Unha lectora deste roteiro remíteme a transcrición dunha intervención pública da ministra de Cultura, Carmen Calvo, que parece disposta a recoller o facho metepatas que tan dignamente levou outra antecesora súa, Esperanza Aguirre. Pois aí vai, tal e como me chegou.
"La Ministra de Cultura confunde a los ratones Pixi y Dixi, con la conjugación verbal latina dixit.
Agencias/Colectivo Cádiz Rebelde.- Carmen Calvo, a la sazón Ministra de Cultura, sigue cortando cintas en inauguraciones cervantinas, pero cuando osa hablar no deja lugar a dudas sobre su capacidad y nivel intelectual. A sus conocidos traspiés lingüísticos y altanería frente al periodismo, en su etapa de Consejera Andaluza, añadió hace unos días un nuevo borrón a su currículo. En una intervención de un senador de la oposición, llamado Van Halen, utilizó la palabra “dixit”. La Ministra no entendió la utilización del verbo latino, y respondió, creyendo que el senador se refería a la conocida pareja de ratones Pixi y Dixi. A continuación, la trascripción del pasaje parlamentario.
Van-halen: En el año 1996, primer año de gobierno del Partido Popular, las producciones fueron 91; en el año anterior, 1995, con un gobierno socialista, las producciones fueron 59, y, señora ministra, precisamente en ese período que usted considera negro para el cine español, por la supuesta hostilidad del PP hacia la gente del cine, Calvo dixit, las producciones fueron: año 2000, 98; año 2001, 106; año 2002.
Carmen Calvo Poyato, Ministra de Cultura: Señoría, usted para mí nunca será Van-Halen Dixi ni Pixi; será su señoría, el senador Van-Halen, precisamente porque estamos en una Cámara de representación democrática en nuestro país, precisamente porque estamos en el Senado."

Vótame. Son coma ti.
Os que xa temos uns aniños fomos asistindo a moitos cambios diso que podemos chamar “o perfil do político”. Aqueles personaxes hieráticos doutro tempo foron mutando en seres suaves e cheos de matices, de xeito que o político actual preséntase ante o público como unha persoa normal, ben sexa en versión de amante esposo/pai que vai ao híper coa prole os sábados pola tarde, ben sexa como lector de best-sellers ou, que sei eu, como hincha -moderado- do equipo de turno. En definitiva, é obrigatorio dar unha imaxe distendida e, se pode ser, cun puntito. Non sei se ti o ves así.
En fin, este rollo introdutorio leva unha frecha na punta. A diana: esta moda dos políticos galegos de utilizar internet, e os blogs en concreto, como un elemento máis de campaña, algo que senta bastante mal, polo que vou vendo, entre a fauna que habita a blogosfera, palabra pedante-pedante-pedante que me encanta. Como sabes, anúnciase a bombo e platillo o blog de Anxo Quintana. Non é que o caso me interesara moito de entrada, pero a curiosidade levoume ata alí e púxenme a ler. Non coñezo ao autor e non lin a fondo os artigos que leva publicados, que non son moitos, pero xa me dá para ir vendo de que vai o asunto: un home que pasa algunha que outra noite nun piso en Madrid (de aluguer) e aproveita para ir ao cine, coma ti e coma min (bueno, eu vou pouco), que asiste a exposicións de arte gai (que será iso, meu deus?), que defende a pesca tradicional da lamprea segundo métodos milenarios, que simpatiza cos nenos que van de excursión, que defende a feminización da política, que é madrugador, que-que-que-que…
Todo isto adobado cunha escritura fresca, non demasiado coidada e mesmo con reiteradas patadiñas ortográficas, supoñamos que non intencionadas, o que axuda a que o personaxe sexa percibido desde a súa cercanía, vulnerabilidade e humanidade.
O grande Fragasaurio, aí onde o tés, foi un precursor deste concepto-conceto: Galego coma ti, creo que se dicía, moi á galega, en miles de carteis electorais de hai anos baixo a foto do vilalbés universal. E, xa postos, para cando un blog do propio Fraga? Non o vexo difícil, só ten que poñer a pel de año e ir debullando o seu día a día tal que así: "Hoxe erguinme pensando nos galegos da diáspora, sen medicinas e sen pensión pero coa súa capacidade de depositar (he, he, he) o voto completamente intacta, e sentín renovadas a ilusión e a obriga de exercer a miña responsabilidade como presidente unha lexislatura máis ( e bla bla bla bla)." O falar non ten cancelas, arredemo que non.

Sinais de identidade

Lemos na edición de El Correo Gallego de hoxe:
"Carcacía guisa [sic] su tortilla gigante este domingo. La localidad padronesa de Carcacía volverá este domingo a organizar la Fiesta de la Tortilla, en esta su decimonovena edición. Para elaborar el manjar gigante, de 2,5 metros de diámetro, se emplearán 5.000 huevos y 700 kilos de patatas. El pregón correrá a cargo de la cantante y presentadora Belén Gestal. "
Postos a profundizar no tema (hai xente pa todo, como ben sabes), entramos na web galiciaenfiestas.com, na que se nos dá conta das orixes da festa, que se remontan a finais do século XX, e dalgún aspecto loxístico tan básico como a grúa con 4 cadeas que se precisa para darlle a volta á super-sartén.
Haberá algunha razón que explique esta tendencia disparatada á orxía gastronómica que se apoderou do país? Acéptanse teorías, se é que aínda hai quen se anime a formulalas.
A miña proposta de festa da tortilla/tortillón vai dirixida máis ben aos do "birrete", xentes refinadas que acostuman sentirse incómodas nestas manifestacións culturais un pouco básicas. Trataríase de substituír o trafego de ovos, cebola, chourizo e pataquiñas por palés do produto co que ilustro o meu artigo, nin máis nin menos que unha tortilla de autor glamurosa, hixiénica, moderna. Xusto o que necesitamos. Por certo, teño un cuñao que me consigue o palé a precio de custo. Un choio.
Que aproveite.
A culpa foi da muller
No xornal La Voz de Galicia do 11 de maio atopamos un artigo titulado Cárcel para el cabo de la Guardia Civil que expolió un castro en Lalín. A crónica (podes lela aquí) non ten desperdicio: os desaprensivos de turno contratan os servizos dun tractorista para fresar e labrar o terreo mentres eles van detrás cun detector de metais.
O artigo remata contando como o ex-cabo da Garda Civil de Rodeiro afirma que o detector de metais é un obxecto que ten a súa muller para usalo nas praias. Humor 100% galego.

Y vosotros os vais de puente?
Chegan as Letras Galegas e todo é un sin-vivir para decidir a donde imos de ponte ou un atormentarse por non poder disfrutar del. Andaba eu a cavilar nestas cousas e trasteando por aí cando dei co blog http://machacarallos.blogcindario.com/ . Alí atopei un artigo sobre ese asunto co que concordo plenamente, sentido do humor incluído. Aí che vai.
"O día das letras volve ser festivo, e penso que non hai favor máis fraco para a nosa cultura. Xusto o día no que os rapaces deben encher as horas lectivas de lecturas arredor de Lorenzo Varela, ou facer concursos de escritura, ou ver cine en galego, ou o-que-sexa-para-mellora-la-cultura-no-noso-idioma, xusto ese día, os rapazolos quedan na casa a ver DeuVeDés e xoghar coa Pleiesteision.
Xusto o día en que os currantes deberían ver pola rúa lembranzas á tan conmemorativa data, tales currantes sairán de ponte a sabe Dios que lugares foráneos da nosa xeografía... Para calquera cousa menos para homenaxea-las nosas letras.
Que pasa? Que a ninguén se lle ocurriu trocalo festivo das letras polo de San Xoan, por exemplo?. O día 24 de xuño, media Galicia chegha ó traballo cheirando a sardiñas, xolda e fume de lumeiradas aínda mal apaghadas, e coa consecuente carencia produtiva.
Non sería mellor deixar como día laboral o día das letras e facer feriado o 24 de xuño? digo eu...
Máis que nada polo ben da cultura e dos nosos ósos."

Arousa Vice
Hoxe tráioche un documento que, seguindo a liña habitual desta bitácora, leva o rótulo de made in Galicia. Vino en http://www.aduaneirossemfronteiras.org, unha páxina que frecuento tanto pola creatividade dos seus deseños como polo seu tono humorístico, cousas que sempre se agradecen.
O documento que seleccionei é un video titulado Arousa Vice. Trátase dunha versión galega do trailer co que empezaba Corrupción en Miami, aquela serie de cando eramos todos un pouco máis noviños/as/es/is/us. Precísase un pouco de paciencia antes de abrilo, pero tan pronto aparece a palabra PLAY tan só hai que pinchar no botón que está á súa esquerda. Ata outra.

Luar
Non sei cantos anos en antena, non sei cantos miles de espectadores cada venres, ninguén sabe cantos centos de actuacións, de concursos, de artistas resucitados/as a golpe de lifting... Falo, claro está, do Luar, un programa/fetiche do universo TVG. Tanta bagaxe ás súas costas e mira ti por donde que a lexendaria simpatía de Gayoso atopa réplica ao outro lado da liña telefónica. Pincha e escoita. Se te quedas un anaquiño máis nesa páxina podes poñer a orella para oír outras perlitas. A miña favorita é a titulada "O coruñés apátrida".
Que o disfrutes.
Que o disfrutes.