Xentilicios
Na miña visita diaria á prensa dixital atopo un titular que me trae o primeiro sorriso da xornada: Detenido un tarraconense acusado de robar un bolso a una lalinense. A noticia non ten ningún interese que vaia máis alá da descrición do roubo e da inmediata detención do ladrón por un policía local... tamén lalinense.
Pódelo ler na edición local do Deza-Tabeirós de La Voz de Galicia. Aquí mesmo.
Pódelo ler na edición local do Deza-Tabeirós de La Voz de Galicia. Aquí mesmo.
Móvome con zapatos novos
"Viva o exhibicionismo intelectual", proclama o xograr desde un blo no que aínda non leva moito escrito. Segundo se desprende dun dos seus artigos, o noso xograr forma parte dun grupo de exhibicionistas intelectuais que se deixan caer por certos actos culturais/lúdicos. Algo así, imaxino eu, como os moteiros das pelis, pero sen chupas nin cadeas (bueno, mesmo sen motos). Iso si, con moita mellor ortografía e cunhas linguas viperinas sempre prestas. Coñecendo ao personaxe, home agudo, sarcástico e un pouco provocador, dame que me agardan algúns artigos sabrosos no seu roteiro.
O último deles fai leña do MÓVOME, o eslogan estúpido que o PSdG escolleu para convencernos nesta campaña. Paga a pena lelo.
O último deles fai leña do MÓVOME, o eslogan estúpido que o PSdG escolleu para convencernos nesta campaña. Paga a pena lelo.
Karaoke
Hai uns días trasladei a este roteiro a letra dunha canción que anda promocionando o grande seductor Bertín Osborne, o crooner hispano. Se che gustou a letra e queres interpretala coa música que lle foi adxudicada non che queda outra que pinchar 4decadas.mp3 e escoitala. Comprimina moito para que non pesara demasié -eu tamén estou desactualizado-, pero creo que a calidade é suficiente.
Máis

Teo. Máis feísmos. Parroquia de Lucí (que non Luci, sen til, como din na radio cando anuncian os enterros e cabodanos), á beira da igrexa. Campo da festa asfaltado. Contedores do lixo ciscados. Carteis electorais nos contedores. Postes de luz e teléfono. Pancarta electoral entre os postes. Cursilería institucional baixo o lema "Vidrio si, gracias". En resumo, o de sempre: un conxunto de elementos caóticos que conforman un todo indescritíbel. Imos a máis.
Feísmo

Dirás ti que esta foto non ten nada de particular e non che faltará razón, pois xa estamos afeitos a que algúns políticos manifesten esa querencia a exhibir a súa imaxe nos contedores do lixo. Ben pensado, creo que acertan de cheo. Digo máis: deberían dar os seus mitins e conceder as súas entrevistas subidos a un contedor fedorento. Polo menos terían garantido o efecto mediático.
A verdadeira razón pola que colgo esta foto é que a casa que se ve de fondo é a miña (bueno, máis exactamente a de meus pais). Estamos en Oza, no concello de Teo, un dos feudos máis sinalados do feísmo urbanístico. Pois iso, de feísmo en feísmo e tiro porque me toca (que xa eran horas).
Toda a carne no asador

Todo mundo está de acordo en que as eleccións do 19-X han marcar, pase o que pase, un antes e un despois na vida política galega. Os candidatos sábeno e ben que se esmeran en facer chegar a súa mensaxe a todos os recunchos do país de NUNCA-MÁIS e mesmo de "allende los mares". A cousa non acaba aí, pois hai quen, como o virrei Baltar, lle transmite á súa masa de incondicionais a máxima de que os votos hai que gañalos ou, se é preciso, roubalos. Con isto xa queda todo dito.
A foto que poño hoxe exemplifica á perfección ese espíritu de brega para captar como sexa o interese do electorado e, claro está, a súa papeleta. En Cacheiras (Teo, territorio do doutor Armando Blanco) un cartel coa foto de Fraga saúda aos/ás viandantes a pé de estrada pedindo o voto para o PP. Bueno, a pé de estrada e a pé de puticlú, pois o póster está colocadiño xusto na entrada da Whisquería Wanderloff e da Sala Samay, que ocupan, como se aprecia na foto, edificios contiguos. Hei preguntar a quen saiba se neses locais de esparcimento se celebra algún mitin ou acto semellante que xustifique a presenza do cartel ou se se trata dun arrebato espontáneo de adhesión á causa fraguista. Se me entero de algo dareiche cumprida conta.
Graxa abdominal
Sábado pola noite, poñamos que ás dúas da mañá, sentado ante a TV cos ollos medio pechados. Pola pantalla (TVE1) van desfilando unha especie de triunfitos que están concursando. Nin puto caso pola miña parte. De pronto aparece EL, Bertín Osborne, que sobe ás carreiras ao escenario, colle a alcachofa e empeza a cantar un tema titulado Señora de las cuatro décadas. Tanto me impresionou que hoxe non dei contido a tentación de buscar a letra. Póñocha aquí para que la goses, sobre todo ese espléndido momento poético dedicado á graxa abdominal, un elemento que non me parecía doado de trasladar á lírica.
Señora de las cuatro décadas
y pisadas de fuego al andar
su figura ya no es la de los quince
pero el tiempo no sabe marchitar
ese toque sensual
y esa fuerza volcánica de su mirar.
Señora de las cuatro décadas
permítame descubrir
que hay detrás de esos hilos de plata
y esa grasa abdominal
que los aeróbicos no saben quitar.
Señora, no le quite años a su vida
póngale vida a los años, que es mejor.
Señora, no le quite años a su vida
póngale vida a los años que es mejor
Porque nótelo usted
al hacer el amor
siente las mismas cosquillas
que sintió hace mucho mas de veinte.
Notelo así de repente
es usted amalgama perfecta
entre experiencia y juventud.
Señora de las cuatro décadas
usted no necesita enseñar
su figura detrás de un escote
su talento está en manejar
con más cuidado el arte de amar.
Señora de las cuatro décadas
no insista en regresar a los 30
con sus 40 y tantos encima
deja huellas por donde camina
que la hacen dueña de cualquier lugar...
Señora, no le quite años a su vida
póngale vida a los años, que es mejor.
Señora, no le quite años a su vida
póngale vida a los años que es mejor
Porque nótelo usted
al hacer el amor
siente las mismas cosquillas
que sintió hace mucho mas de veinte.
Notelo así de repente
es usted amalgama perfecta
entre experiencia y juventud.
Como sueño con usted señora, imagínese,
que no hablo de otra cosa que no sea de usted
qué es lo que tengo que hacer señora
para ver si se enamora
de este 10 años mayor...
Señora de las cuatro décadas
y pisadas de fuego al andar
su figura ya no es la de los quince
pero el tiempo no sabe marchitar
ese toque sensual
y esa fuerza volcánica de su mirar.
Señora de las cuatro décadas
permítame descubrir
que hay detrás de esos hilos de plata
y esa grasa abdominal
que los aeróbicos no saben quitar.
Señora, no le quite años a su vida
póngale vida a los años, que es mejor.
Señora, no le quite años a su vida
póngale vida a los años que es mejor
Porque nótelo usted
al hacer el amor
siente las mismas cosquillas
que sintió hace mucho mas de veinte.
Notelo así de repente
es usted amalgama perfecta
entre experiencia y juventud.
Señora de las cuatro décadas
usted no necesita enseñar
su figura detrás de un escote
su talento está en manejar
con más cuidado el arte de amar.
Señora de las cuatro décadas
no insista en regresar a los 30
con sus 40 y tantos encima
deja huellas por donde camina
que la hacen dueña de cualquier lugar...
Señora, no le quite años a su vida
póngale vida a los años, que es mejor.
Señora, no le quite años a su vida
póngale vida a los años que es mejor
Porque nótelo usted
al hacer el amor
siente las mismas cosquillas
que sintió hace mucho mas de veinte.
Notelo así de repente
es usted amalgama perfecta
entre experiencia y juventud.
Como sueño con usted señora, imagínese,
que no hablo de otra cosa que no sea de usted
qué es lo que tengo que hacer señora
para ver si se enamora
de este 10 años mayor...
Pensionismo e/ou barbarie
Con esa idade tiña que estar na súa casa. Non, ho, que se vai para a casa, afeito como está a ghobernar, non dura nin un telexornal. É certo, ese homiño morre se o sacan da Xunta. Esta debe ser, digo eu, unha das conversas máis repetidas na Galiza pre-electoral e hipercalórica que nos toca vivir. Será que eu tamén vou cara a vellez, pero dígoche que cada vez me agrada menos que o asunto da avanzada idade do Capón de Vilalba se instale no medio e medio do debate electoral, a veces como único argumento. Pode parecer, oíndo tales comentarios, que Fraga sería un candidato ideal se non fose polos achaques propios dos seus moitos anos. Claro, o look dun vello que camiña con dificultade e que se marea cando está a soltar un rollazo parlamentario non casa coas correntes da mercadotecnia que o invaden todo e que, a falta dun discurso potente en términos xenuinamente políticos, elevan aos altares o mito da xuventude como motor de progreso, cambio e non sei cantas cousas máis. Tan aceptado está este tópico que o propio PP non ten ningún reparo en intentar falsear a imaxe do candidato nun exercicio dun patetismo tan descomunal como é editar un cartel electoral cunha fotografía flagrantemente retocada. E que dicir das imaxes que ofreceu a TVG do acto-papatoria do Monte do Gozo o sábado 28 de maio? Sabemos que a maioría dos 30.000 fieis eran os de sempre, os que collen o autobús pagado con cargo aos fondos públicos e van obedientemente cumprir co rito da transubstanciación da carne ao caldeiro. Nembargantes, a TVG insistía en sacar "nenos/nenas ben" que axitaban modosiñamente as súas bandeiras e relegaba á maioría da terceira idade a unha presenza menos relevante, suponse que porque nos remiten á imaxe dunha Galiza pailana, unha imaxe que debe ser correctamente administrada.
Canto me enrollo!! O caso é que a miña mala hostia con este monotema da idade de Fraga débese fundamentalmente a que me parece que sobran argumentos para denigrar a súa xestión. Non entro neles, que ti ben os coñeces, pero creo que é por aí por donde hai que atacar, e sen complexos. O da xubilación, a fin de contas, é un estado cada vez máis relativo. A Fraga non lle chegou rebasados os oitenta anos e outros xubílanse con ben menos. Fíxate no caso de Nacho Vidal, alias "O taladro de Mataró", que con trinta anos deixa a súa profesión de actor porno, di el que por amor. Iso si, as 3.000 pelis que rodou constitúen un valioso legado á historia do cine. (Póñome a botar contas e quedo pelín abraiado. Non somos nadiña...).
Canto me enrollo!! O caso é que a miña mala hostia con este monotema da idade de Fraga débese fundamentalmente a que me parece que sobran argumentos para denigrar a súa xestión. Non entro neles, que ti ben os coñeces, pero creo que é por aí por donde hai que atacar, e sen complexos. O da xubilación, a fin de contas, é un estado cada vez máis relativo. A Fraga non lle chegou rebasados os oitenta anos e outros xubílanse con ben menos. Fíxate no caso de Nacho Vidal, alias "O taladro de Mataró", que con trinta anos deixa a súa profesión de actor porno, di el que por amor. Iso si, as 3.000 pelis que rodou constitúen un valioso legado á historia do cine. (Póñome a botar contas e quedo pelín abraiado. Non somos nadiña...).