Pipotinho fai un aniño
Estes días estivemos a festexar o cumpleanos de Pipotinho. O tempo pasa rápido, como é ben sabido desde sempre (Hoxe aquí e mañá alá, tempus fugit...).
O programa de fastos deste feliz aniversario foi o seguinte:
-Sábado 26: asistencia ás vísperas da Romaría da Virxe dos Remedios en Requián (A Estrada). [Dentro vídeo]
-Domingo 27: festa íntima na honra de Pipotinho. [Dentro vídeo]
Como toda festa que se precie, sempre ha de haber algo de tomate.

Néboa en Laiosa
Moras
Non sei se haberá dez anos desde a última vez que tomei marmelada de moras. Por aí lle andará, pero aínda me lembro dela cada ano. De feito, chegado este tempo sempre aproveito para ver cómo vai a colleita e, naturalmente, para comer unhas poucas.
Un día destes cadroume pasar por Aríns, pertiño de Compostela. Levaba a cámara dixital e tiña un día deses de "gatillo fácil", de maneira que empecei a disparar a esgalla. Despois de días como os que vivimos neste mes de agosto dá gusto empaparse de verde.

Comelladas
Despois dos días de angustia causados polo lume veñen tempos de máis calma e de comelladas varias. Vouche ofrecer os vídeos de dous grandes ágapes (unha cursilada destas estarame permitida, digo eu).
O primeiro foi en Sada, unha praza donde xa temos lidiado ben veces Iván o Deportivista e este menda. E ameazamos con repetir.
A segunda enchenta foi en Belesar, nunha adega á beiriña do Miño. De primeira!
Empecei cunha alusión indirecta á vaga de lumes destes días de atrás e vou rematar recomendánche a lectura deste artigo no que creo que se poñen moitas cousas nos seu sitio.

Entramos na estatística
Día 15 de agosto. Cinco da tarde, unhas horas despois de que Touriño, en comparecencia pública, dera por rematada a vaga de incendios forestais deste 2006. Nese momento, cando desde os respectivos cuarteis se afiaban os coitelos para utilizar en clave política este desastre, empezaba a arder en Oza, a miña parroquia, que ata este momento se salvara do lume.
En definitiva, este é o vídeo que querería non ter feito.

Lume e auga
Xa hai un tempo que tiña programada unha viaxiña en barco. Nada do outro mundo, tan só un paseíño polas rías a bordo dunha embarcación, iso si, glamourosísima; unha moi boa excusa, en definitiva, para gozar dun día tranquilo e relaxado no mar.
O barco esperaba en Portonovo. A viaxe en coche púxome os pelos de punta: lume á beira da estrada, camiños cortados, xente con expresión de mágoa e preocupación tapando a cara cun pano para poder respirar, helicópteros por aquí e por alá, coches da garda civil, fume, fume, fume...
Cheguei, naveguei e gocei dunha experiencia para min moi pouco habitual, pois sonche de terra adentro e con pouca vinculación co mar, pero non fun quen de afastar do pensamento a traxedia que a poucos quilómetros ameazaba con devorar o meu país. Tampouco foi quen de se afastar de nós unha capa de fume que nublaba o sol, un feito que sempre se asociou, e pode que non sen razón, a fenómenos apocalípticos. Foi no momento no que a cámara enfocaba aquel sol cando decidín facer un vídeo que se pechase, precisamente, con esa imaxe.

A tabenla
Sementar sementaches, e despois de pasar os traballos non queres que os paxaros liquiden a colleita. Preséntoche unha solución deseñada para afastar a estes intrusos que, por moi poéticos que resulten, comen que se matan.
Meu pai chámalle a tabenla e creo que é o único de por alí que constrúe un artiluxio semellante. Non me resulta extrano, dada a súa afición -ben acreditada neste blog, por certo- por estes enxeños.

Simplemente
Pataquiñas
Seguimos a golpe de vídeo. A este paso, os de Youtube teñen dúas opcións conmigo: ou me dan un premio á constancia ou me botan por pesado.
O documento de hoxe resume unha desas tarefas do agro das que sempre dá gusto librase para poder dicir con alivio aquelo de unha ansia a un lado. Pasa e sírvete.

Alén en Palas
Se entras con certa asiduidade neste chiringo lembrarás que xa levo feito varias referencias a Alén. Desta volta toca concerto, concretamente en Palas de Rei (terra ferrrrrrmosísima, como diría o grande Luís Rial). Por se non estiveches alí, déixoche unha mostra de catro minutiños.
Ah, e para que Iago non me berre, que saibas que o traballo videográfico final o fixo este Falabarato que che escribe. O material orixinal foi gravado por xente achegada ao grupo.
Veña, pincha.