Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Furbo
Iván o Deportivista, Ricardo de Sada e eu temos institucionalizadas dúas visitas por tempada ao estadio de Riazor para que eles, deportivistas ata a médula, se entreguen ao amor ás súas cores, mentres que eu, que son máis celtarra, me camuflo e disfruto do pracer de ver o furbo en vivo.
Antes de chegar ao estadio fixemos parada e fonda en Sada, para gozar de novo dun xantar exquisito co que nos agasallaron Mariés e Ricardo e dunha tarde de siesta, parola e ordenador.
Desta volta levei a videocámara ao campo. Non sabía se me porían pegas -hai tanta normativa solta...-, pero non houbo ningún problema. Aí che deixo a reportaxe do evento.

 
Marcelino
-Oes, Marcelino, que che parece se collo a cámara e gravo o que estás a facer? Impórtache?
-Non, ho! E saca tamén a teu pai diante da cociña e así gardarás un recordo del para cando che falte.
-Sabe dios se non irei eu diante...
-Buenooo...! Ti es novo e é lei de vida que os vellos vaiamos marchando antes. Pero acórdate de teus pais, que moito levan traballado nesta vida...


Este é Marcelino. Delgadiño e áxil, levántase e agáchase igual ca un home mozo. O pouso que dan os anos véselle cando fala, cando mira, cando pensa.
Estes días está poñendo a nosa nova cociña de ferro [Ver o vídeo].
 
Promoción 2x1
Hoxe tiramos a casa pola ventá e ofrecemos dous vídeos polo prezo de un. Que ruxa o YouTube!!
O primeiro é un percorrido polo santuario da Saleta (Siador - Silleda). As imaxes foron gravadas polo amigo Antonio para completar un documental sobre a procesión da Saleta deste ano. Vinas, gustáronme e póñochas aquí.
O segundo vídeo é un traballo feito arredor dunha canción de Arab Strap que me resulta arrebatadora. Se gustas, aquí.
Nota: Subín unha versión deste último vídeo en branco e negro. Gustábame como quedaba pero tiven que cambiala porque o YouTube non o dixería ben e había anacos que non se vían.
 
Chicha
Domingo. Outubro. Galpón. Lume. Carniña. Churrasco. Galicia caníbal.

 
Outonando
Este vídeo vai adicado a esa xente que tanto lle gusta o outono...

 
Alén e a competensia
Chámanse Alén e xa son coma da casa, así que sobran as presentacións. Desta volta ofrézoche un tema inédito gravado en directo en Chantada [aquí], de onde son dous dos catro membros da banda.
Por certo, e xa que estamos en Chantada, bótalle un ollo a esta proposta musical que nos chega de por alí, da cociña do Lucas [aquí].