Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
A Pena das Paleiras
A Pena das Paleiras está en Santalla de Oscos (Asturias). O esforzo e o humor dunhas cantas persoas fixeron posible que este lugar fose acondicionado para albergar o "santuario" da Nosa Señora da Pena das Paleiras, que ata ten a súa romaría e todo.
O sábado 23 de xuño fixen unha viaxe ata alí, na grata compañía dun fato de silledenses. Polo camiño fixemos parada no Museo Comarcal de Fonsagrada. De todas as nosas andanzas podes ver un resumo no vídeo que che adxunto. Tamén te informo de que, de non haber novedá, volveremos á Pena das Paleiras para a romaría do 14 de xullo.

 
Fosa séptica
Despois de días enfrascado en chorradas, aproveitei esta fin de semana para dar un paseo polos meus dominios e gravar, imaxino que en rigurosa primicia, imaxes dun enxeño que está instalado ao carón dun regueiro.