Enquisa
Hoxe propóñoche que me deas a túa opinión sobre as cousas que estou colgando.
Debaixo ves unha lista con algúns dos últimos vídeos que puxen no blog. Se fas o favor, selecciona aquel que che gustase máis.
Moitas grazas, pois.

Repolo de Cachóns
O sábado pasado foi o día escollido para recoller as patacas. Iso foi pola mañá, e pola tarde, aínda coa terra húmida, rematamos a faena poñendo o repolo. Déixoche a reportaxe do evento, en rigurosísima exclusiva.
PD/ Fixen unha proba con este mesmo vídeo e envieino a Stage6, un portal de aloxamento que dá moita máis calidade que YouTube; iso si, a cambio de requerir unha boa conexión a internet e unha sobredose de paciencia. Podes velo nesta ligazón e comparar. Para velo mellor recomendo que, unha vez que cargue, fagas clic co botón dereito e selecciones Windowed Mode. Verás que, nese mesmo menú, aparece unha opción que se bota en falta no YouTube: a de gardar o vídeo. En Stage6 só hai que clicar en Save Video as... para telo no teu ordenador coa calidade orixinal. Desde logo, se fas a proba comprobarás que a calidade de Stage6 é impresionante.

As Insuas de Gres
As Insuas están no medio e medio do río Ulla ao seu paso por Gres (Vila de Cruces) e San Salvador de Ledesma (Boqueixón).
Oza'92
Nestes dous primeiros días de vacacións enredei dixitalizando un par de vídeos VHS que tiñamos pola casa medio abandonados. Un deles recolle con moito detalle o desenvolvemento do entroido da miña parroquia do ano 1992. Quince aniños xa...!
Fixen unha versión abreviada para o YouTube.