Estreando blog
Para empezar, gústame máis chamarlle a este invento "bitácora" que "blog", pero xa se sabe que as palabras en inglés sempre acaban mandando.
Abrín esta bitácora (caderno de bitácora: libro no que se apunta o rumbo, velocidade, maniobras e demais accidentes da navegación) para ilustrar unha das miñas clases de informática. Creo que, aínda non sendo un instrumento moi utilizado polo conxunto dos usuarios das novas tecnoloxías, o blog pode ser para moita xente un xeito áxil e atractivo de ir contando cousas.
Claro que o problema sempre é o mesmo: ter algo que contar ou, visto doutro xeito, buscar a maneira de que o que nós temos que contar resulte interesante. Eu, por exemplo, son dos que sempre din que non teñen nada que contar, pero agora mesmo estoume dando conta de que non é así. Eu podo contar cousas, claro que si, cousas tales como que dentro de dúas horas estarei sentado á mesa de miña nai (hoxe toca caldo, creo), que ás tres e media estarei en Silleda para facer algunha reparación informática que haxa por aí, que despois virán as clases...
Xa sei que soa trivial, pero a maioría dos blogs responden a este patrón, son unha especie de diarios que se colgan da rede. Imaxino que será que por moita tecnoloxía que haxa sempre hai e sempre haberá unha necesidade de comunicación que atopa en Internet novas vías.
Por que non se animan os meus alumnos e alumnas a facer o seu propio "caderno de bitácora"?
Unha apertiña. Xosé.

Comentario:
Comentario:
Que si terán tanto que reflexionar...?pois eso é o bonito,que un pode pensar libremente e expresalo ó mesmo tempo;os pequenos detalles de cada dia teñen o seu mérito,forman parte da nosa vida cotidiana(cotián?);esto do cambio horario tenme un pouco perdida,pasalo ben,estamos en primavera!
Comentario:
Que páxina máis interesante!
Nela podemos atopar dende siareiros do depor a homes que serven a España e outros que reflexionan sobre sí mesmos... Terán tanto que reflexionar?

A foto do teu pai está moi ben, pero a de túa nai ben sendo minuscula. En canto ao comentario de Mónica o que se enrrolla é a persiana e non a fiestra...
Comentario:
Moi bonita a foto, e chámase falabarato e é verdade pois enrrollaste como unha fiestra. Sempre traballandonos ordenadores...