Conta atrás para Iván
Se coñeces a Iván xa sabes que un dos días máis sinalados é para el o da nosa visita anual a Riazor. Se o coñeces sabes tamén que nas vísperas de tal acontecemento o home está un pouquiño intranquilo, en parte pola emoción e en parte polo medo que xente coma min lle mete no corpo (que se ao mellor non podemos ir, que se vai chover moito, que se non hai entradas, etc).Este ano voume portar mellor co amigo Iván e quero tranquilizalo: xa temos as entradas para ver o Vila-Real o día 10 de abril. O que non está claro é onde imos coller os bocatas, e se te fixas na foto cadrarás conmigo en que ese non é un tema para tratar á lixeira...
Comentario: