Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
O monstro do Deza


Fixen esta foto un día gris da semana pasada a iso da unha e media da tarde. Digo gris porque era gris e porque mesmo choviscaba un nadiña en Silleda. Había poucos días que tivera lugar aquí Turisport (mira as crónicas do Rabudo e de Kate, que por alí pasaron), pero o monstro xa regresara ao seu aparente estado natural: coma vexetativo.
Monstro? Imaxina unhas tremendas instalacións de 430.000 metros cadrados que botan case todo o ano sen uso. Imaxina, se é que non o viviches, unhas feiras nas que, agás no gran feirón da Semana Verde, parece que os comerciais encorbatados superan en número aos visitantes. Imaxina, se é que non o viches por ti mesma/o, un ciclo de conferencias que se desenvolve ante un desnutridísimo auditorio. Imaxina un contorno social e produtivo que vive cada día máis de costas ao monstro nacido para exercer de motor e timón e faro e non sei cantas cousas máis...
Imaxina todas as galletas que comerá este monstro para manterse nese estado de languidez.
 
Comentario:
Imaxina centos e miles de opositores desesperados por obter unha praza de calqueira cousa nese complicado mundo do funcionariado galego.
 
Comentario:
Coño, pois si, tes razón, Rabudo. Non me daba conta. Pero frikis coma ese, no Deza haiche moitos. Xa sabes, pregunta polo dono do HOtel Oca-Katiuska (o de Oca de onde virá, terá sucursal en Oca?)
 
Comentario:
Ou sexa, que eu apañando entrevistables, tedes ao dono do Disciclín por aí e non me dicides nada, menudos amigos...
 
Comentario:
Confirmado: é o dono do Disiclín. O afoto está feito desde o aparcamento do hotel, que agora se chama Oca-Katiuska.
 
Comentario:
E que me dis do Hotel de 4 estrelas, o Katiuska (na honra da filla do dono, que me dixeron que era o mesmo do disíclín, pódesmo confirmar?).
Si, é un complexo monstroso, un día vindo de Madrid en avión mirei para abaixo e recoñecín Silleda por semellante esperpento, que é máis grande cá vila en si.
No