Teo electrificado
Esta foto foi feita nos arredores do couto pesqueiro de Xirimbao, na parte que pertence ao concello de Teo.A película debeu ser algo así como isto:alguén decidiu acondicionar un carreiro de terra para subir a un altiño, outro alguén pensou en "decorar" o percorrido cunhas farolas, un último alguén tomou a decisión de acometer a obra.
Para que estas farolas? A quen teñen que guiar e a donde? Canto custaron? Canto gastan? Preguntas, sempre preguntas.
Grazas, Ferrancheitor, polo descubrimento.
Comentario:
Esto explicao todo. Agora xa entendo como moitos aseguraron ver á Santa Compaña no monte. A maioría pasou por ahí. Certamente viran luces, non se pode negar.
Comentario:
E sorte que estan enteiras. Dende logo, estraganse os cartos en cada trapallada...
Comentario:
Xosé Antón, pódoche asegurar que esas farolas estaban alí estes días. E hai ben delas, por certo.
Comentario:
Seguro que non andivo o Photoshop por ahí. De Teo créome calquera cousa pero isto xa é moito...
Comentario:
O carreiriño leva a un pequeno descampado que debeu querer ser parque pero que agora está comido polas silveiras. Iso si, da cantidade de restos de latex que alí se acumula hai que deducir que é unha área de intensa vida social.
Comentario:
Pois sonche, creo, as que sobraron da reurbanización da nova fase de Augas Mansas, os chalés de Mahía. Polo que vin onte, colocaron farolas desas a Dios dar, e seguramente sobraron. ¿O carreiriño non dará, por casualidade, á finca particular de alguén? Que mal pensados que somos...