Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Máis madeira en Negreira
Xa teño claro que don José Blanco, alcalde de Negreira, é o político de moda. Despois de deleitarme co marabilloso discurso teolóxico sobre inferno e "purguratorio", navego un pouco e atopo este texto, que reproduzo textualmente:
O Alcalde de Negreira, Blanco Pazos, almacena uns 2 metros cúbicos de madeira de boa calidade, valorada aproximadamente en 3.000 euros, para dispoñer dela ó seu antollo e empregala sen darlle explicacións a ninguén.
A madeira, que foi recibida no concello hai máis de dous meses, atópase oculta nun cuarto pechado a cal e canto no baixo do edificio municipal de usos múltiples ubicado no parque do Coto, baixo que tamén se vén destinando para realizar nel os cursiños de carpintería que ano tras ano Blanco solicita da Xunta, sendo practicamente estes os únicos cursiños de formación que se celebran no Concello de Negreira dende que Blanco accedeu á alcaldía... [bla bla bla].


Máis leña ao mono. Na edición dixital de El Correo Gallego do 1 de agosto de 2004 pode consultarse a deliciosa crónica doutro acto de homenaxe con Fraga e José Blanco como protagonistas, esta vez acompañados do mítico Manolo Escobar.
"Don Manuel, usted ha sido el mejor, y sigue siéndolo; admiro a Fraga por sus hechos, humildad y generosidad''. Con estas palabras agradecía ayer el alcalde Negreira, José Blanco Pazos, la presencia del presidente de la Xunta en el tradicional macrohomenaje privado servido en su residencia. Por su parte, el jefe del Ejecutivo gallego respondía al regidor advirtiendo de que "Negreira era antes un pueblo muerto, y ahora está lleno de grúas''. Y, entre ambos, el gran Manolo Escobar, que deleitó y emocionó (al auditorio y a Fraga) cantando a capella Mi carro y Madrecita María del Carmen.
Está claro que se non existira José Blanco non quedaría máis remedio que inventalo.
No