Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Os de Teo sacamos o título en Michigan
Esta imaxe ilustra un bando no que Armando Blanco, alcalde do meu Teo, nos convidaba a participar nun curso para a obtención do Graduado en ESO.
Aínda que non é moi clara, na ilustración apréciase unha superposición de elementos tirando a extravagante, a saber: o escudo de Teo e o texto "Graduado ESO" apílanse sobre un impagábel fondo procedente dunha exótica institución académica que atende por The University of Michigan.
Pode ser que a imaxe sexa unha simple curiosidade, tal vez propiciada polas presas dun deseñador que necesitaba con urxencia unha imaxe alusiva -calquera- para saír do paso; pero pode ser tamén, e esta é a miña hipótese, que constitúa unha homenaxe á experiencia universitaria de Armando Blanco nos EEUU.
No