Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Esas pequenas cousas


Esta foto está feita agora mesmo. Acababa de chegar do traballo e tiven o antollo de inaugurar a tempada das filloas. Dito e feito: fariña, auga, uns ovos das pitas de mamá Esther, unha boa remexida e un cachiño de touciño para untar de cando en vez as sarténs. Ademais, desta vez fixen un pequeno experimento que non está dando mal resultado.
 
Comentario:
Están boísimas¡
 
Comentario:
vaia podias invitar a comelas o que se ve teñen boa pinta
 
Comentario:
Non estarían mal unhas xornadas de degustación con filloas de todos os estilos. Ou non?
 
Comentario:
Uiii!! vexo que aínda queda quen asocie iso de fregar ás mulleres!!! pois hai que ir evolucionando...
 
Comentario:
Boto de menos as filloas de sangue !.
 
Comentario:
parece que lle dás ben á cociña, pero veremos a ver quen frega...bueno anque parece que os fogóns están bastante ben...a chica que limpa faino ben.en canto ás filloas habería que probalas, nunca se sabe se as innovacións serán tan guais en algo tan clásico...
 
Comentario:
pola nosa zona as filloas fanse coa sangue do porco, fariña , leite e ovos.
Están boísimas¡
 
Comentario:
As filloas están boas, eu creo que nunca as probara doutra cousa que non fora de trigo e gústancheme ben estas que fixen onte (bueno, en realidade aínda están facéndose as últimas).
Haberá que probar a facer algunha masa con eses ingredentes. Eu xa teño probado a facer empanada de millo, pero sempre lle botaba centeo para ligar a masa; será cousa de cambiar o centeo pola maizena, digo eu.
 
Comentario:
Non jodas! siiii?! Que guai. Teño das dúas cousas. E seguro que están máis ricas e todo. Eu non son moito de filloas, prefiro, como dixen as orellas. Non serías tan amable de experimentar a ver se che liga a fariña de millo con maizena para as orellas (grazas, hehe)
 
Comentario:
Kate, o meu experimento foi facelas con fariña de millo e algo de maizena. Esa mezcla si que podes comela, non si?
 
Comentario:
O que vexo é que tes perfeccionada a técnica e optimizada a produción, traballas ás dúas mans, vaia mérito!
 
Comentario:
Pois dinos cal. Lástima que a fariña sexa a miña enimiga pública number one. Eu son máis de orellas, encantábanme, pero non podo comelas, polo glute. sniff.
No