Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Cachóns


Nacín a poucos metros deste recunchiño. Literalmente así foi, porque eu aínda son dos que naceron na casa. Nin hospital, nin pediatra, nin hostias.
Estaba por alí hai uns días dando un paseíño de sobremesa cando me crucei cunha amiga que vive nunha parroquia próxima. Falamos un pouco e alabou a beleza do recunchiño. Máis xente mo leva dito, creo que o señor Pepe de Gres o que máis. Por iso fixen esta foto, para gardar este pequeno paraíso meu antes de que a voráxine inmobiliaria chegue tamén ata aquí . Ou que o dono decida talar as árbores, ou construír un pendello, ou poñer unha parrillada.
De momento, os da zona sur de Oza parece que nos imos librando do urbanismo feroz. Levamos anos a menos de dous quilómetros da liña das urbanizacións e aí resistimos. No future: daranos a puntilla calquera dos Armandos Blancos que nos depare o destino.
 
Comentario:
As árbores son aveneiros e freixos (pasa un regueiriño xusto por detrás). A herba está ao rente grazas á acción constante dunhas ovelliñas que non quixeron saír na foto.
 
Comentario:
Que árbores son esas? É preciosirmo o recuncho...
 
Comentario:
Bonito recuncho de verdade. Fixexhes ben en tirarlle unha foto para conservalo na memoria.
 
Comentario:
Disfruta mentras dura, como ben dís os intereses urbanísticos non respectan nada.
 
Comentario:
bonito recuncho, si!os meus pais teñen unha finca que se chama así e tamén metida entre árbores e monte, e cunhas vistas interesantes das aldeas achegadas á miña.deséxoche que a gandaría extensiva non cho achapace coma lles pasou a tantos sitios nas mesmas condicións.HOxe a miña terra está chea de neve, eso sí que é tamén unha recreación para os ollos.un saúdo dende Chantada.
No