Terás que vir probar a zorza

Aquí está o artífice do Pipotinho no momento de empezar coa remexedura da zorza, co pemento todo aínda sen mesturar coa carne, os allos e o viño branco. A informática está ben, diría Uxío, pero polos chourizos da casa aínda paga máis a pena doblar un pouco o lombo.
Agora terá que seguir amasando durante varios días, rectificando sal e pemento ata que se enchan os chourizos e se poñan a curar. Mentras tanto, queda a zorza para servir, unha vez fritida, de perfecta compaña a uns greliños e unha pataca cocida. Bueno, que sexan dúas.
Nota: a foto está dedicada a un clon de Hannibal Lecter que teño localizado nos dominios do Doutor Blanco.
Comentario:
De senhor nada que eu ganho un salario e gracias polo anaco.
Comentario:
Gárdame a proba...
Comentario:
Señor Acedre, xa lle reservo un anaquiño.
Comentario:
Que sexa outra racion para o "americano".
Gracias por adiantado.
Gracias por adiantado.
Comentario:
Eu tamén compartín eses momentos de neno na casa dos meus avós, magoa que non vexa aos meus pais recuperando a matanza e o que conleva. Unha boa foto sería a do trebello de manivela para facelos chourizos. Saúdos
Comentario:
Estaba frío, pero nese momento o que remexía era meu irmán para que eu puidese exercer de Xurxo Lobato.
Hoxe xa probarei a zorza, se non hai novedá.
Hoxe xa probarei a zorza, se non hai novedá.
Comentario:
A min sempre me toca atalos (como din que son moi rápida)... Iso que remexes debe de estar frío de carallo!