Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
O meu candidato


Xa levarás escoitado ducias de veces aquel sonsonete do importante que é para o réxime democrático que haxa unha oposición forte que plante cara e que sexa un eficaz contrapeso e blablabla. Pois vale, déixame que poña o meu gran de area na difícil tarefa de axudarlle á oposición galega a atopar ese líder que a conduza de novo á poltrona de San Caetano.
O meu candidato é o Alcalde Rockero. É do PP, é do Bierzo (ou sexa, galego), leva anos ao frente do concello de Oencia, é mediático... Pódeselle pedir algo máis ao candidato que fará renacer ao PPdG(Ga)? Frente a esa sosería xa coñecida que exhiben os Barreiro, Padre Feijoo e cía, aquí temos a un home carismático que, por se fose pouco, canta. Escóitao neste tex-mex.
PD. Gardo con especial cariño un disco asinado polo propio José Estanga, que así se chama el. Ese disco non o verás no Ebay, alomenos mentras eu rexa.
 
Comentario:
jejejeje, boa idea.
 
Comentario:
Canto tempo sen saber deste persoeiro.
Dende logo apoio esta candidatura para o PPdeG. Seria un bo cambio.
 
Comentario:
Máis claro despois do que di Colazo: o Alcalde Rockero é o candidato.
 
Comentario:
O alcalde rockero, miudo persoaxe, unha asiduo da movida nocturna en Ponferrada. Igual non o ves pero o seu Mitsubishi Montero na zoa do Temple nunca falla, cando non o ves polo día co seu Porsche vermello descapotábel. Non me estrañaría nada o ruxe ruxe de que perdeu un dos seus coches nunha aposta de ver quen chegaba antes a León.

Tamén tiven un CD seu, un máis dos que regala, non creo que venda moitos.
No