Xa están aquí

Aínda están fresquiños, pero xa teñen un puntiño. Arrímalles unha codela de pan e unha taciña de viño e xa me dirás.
Agora só fai falta, como se dicía antes, saúde para comelos. Non estará de máis recomendarlles aos comensais, á vista da magnitude da colleita, que cultiven a virtude cardinal da templanza.
PD. Dedico este post con todo o meu afecto ao amigo americano.
Comentario:
Kate, que gran verdade esa que di "vai o vello morrendo e vai adeprendendo". Moitas grazas.
Comentario:
Ejem, permitome darvos un consello para que o xamón galego (que seica é moi malo de curar, saiba a gloria e cure mellor): Cando o saques do sal, méteo nunha prensa, ou entre dúas táboas apretadas cun torniquete, ou co que sexa, o caso é prensalo ben antes de colgado a fumear. Dous días creo que é suficiente. A miña nai probou este truco que me dixera a min no hospital unha señora de Esteiro, e este ano probeino por primeira vez: Está espectacular.E curadiño curadiño.
Comentario:
Da xenio velos...
:)
:)
Comentario:
ñam ñam!!!
Comentario:
O congreso destes xa empezou onte a mediodía. Daba non-sei-que velos alí pendurados e non botarlle a man. Van provocando...
Comentario:
E estes, ¿cando fan o congreso?
Comentario:
Eses non son chourizos e o porco feito arte.
Non sei que facer coa foto, se deixala asi ou imprimila e ponhela no medio do pan.
Gracias pola adicatoria e desfruta deses chourizos ti que podes.
Non sei que facer coa foto, se deixala asi ou imprimila e ponhela no medio do pan.
Gracias pola adicatoria e desfruta deses chourizos ti que podes.