Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Todos contra el fueeego


Este trebello da foto tróuxomo un rapaz de Silleda. É un artefacto incendiario atopado por seu pai nun monte da zona.
Dado o seu nivel de sofisticación (xa ves que, por levar, ata leva paracaídas e todo), hai que pensar que os que plantan lume nos nosos montes son algúns máis que os incautos da barbacoa, os labregos imprudentes que queiman a rama das patacas ou os psicópatas de turno.
A ti que che parece?
 
Comentario:
Para facer o mal inventase o que sexa.
A peste dos incendiarios leva trazas de perpetuarse ata que non quede un pinheiro en pe. Dificil asunto, si senhor.
 
Comentario:
Dende logo supoño q noutras circunstancias habería unha investigación sobre o q pasou no verán en Galiza, pero ao final o verán rematou e a historia tamén.
 
Comentario:
A verdade é abraiante... Se realmente é o que semella, os pirómanos xa deixaron de lado a isca e as piñas...Dende logo o que discurren as empresas especuladoras...

Noraboa polo Blog...
 
Comentario:
Eu nom tenho muita experiência em pirotecnia, mas a mim semelha-me bastante a um dos foguetes que usam nos fogos artificiais. Quando menos sei que os paraquedas som usuais nos trebelhos pirotécnicos, é o que permite esse tipo de fogos que parecem pairar no céu.

Por outro lado é certo que os foguetes podem dar lugar a lumes. E eu seria partidário de limitar seriamente o seu uso no verao.
 
Comentario:
Podíase presentar ó certame de inventos de Vilanova i la Geltrú. É que che somos parvos para o que queremos, pero mira este carallo como lle deu á cabeciña... Fillos de puta!
No