Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Estatística vacuna
Navego e navego ata que chego a un artigo recente do Ollo da vaca que me atrapa e que me permito recomendarche.

No ranking de nomes figuran varios que me lembran moitas vacas da miña nenez. De todas as que houbo na casa, a que primeiro me ven á memoria é aquela Negra que me cotaba sempre que me collía de costas. Mira pa ela e non te revires, dicíanme os da casa cada vez que tiña un pequeno percance con aquela vaca tan pouco amiga dos rapaces.

A verdade é que cada vez que lembro a miña infancia aparecen as vacas.
 
Comentario:
Desexoche unhas boas festas de Nadal.
 
Comentario:
Pois as toupadas dunha vaca son mal sinal segundo o significado dos sonhos. Ogalla que se trabucasen co iso.
Na Voz de hoxe falan dos nomes das vacas.
http://www.lavozdegalicia.es/inicio/noticia.jsp?CAT=126&TEXTO=4351475
Os da Voz van atrasados nas noticias, he,he.
Un saudo.
No