ese-eme-eses
Non teño claro se a xente aínda escribe postais de nadal. Eu nunca escribín moitas e hai anos que xa non mando ningunha. Por conseguinte -sempre me gustou esta muletilla do xoieiro-, non hai nada raro no feito de que tampouco as reciba. Con todo, teño que anotar algunha excepción, como a postal que me remite o alcalde do meu concello desexándome que "o próximo ano nos colme de amor, paz e felicidade". Por pedir que non quede, non si? A felicitación remata cunha breve nota manuscrita na que o propio Armando Blanco nos desexa o mellor do mellor valéndose dunha ensalada de maiúsculas e minúsculas distribuídas ao chou. Xenio e figura.
A cousa é que agora as felicitacións me chegan vía correo electrónico e, sobre todo, teléfono móbil. Supoño que é o que lle pasa a todo-dios.
Tiña planeado facer unha escolma dos mellores SMS que me chegaron e ofrecerchos aquí, pero ando xusto de humor e só vou transcribir o que, segundo o meu criterio, merece o máximo galardón:
Con todo mi cariño te mando la receta de la navidad: Juntemos varias
medidas de ilusión, una pizca de amistad y un gesto de ternura. Horneemos la mezcla con amor. Feliz Navidad.
Comentario:
pois para min a mellor é unha que recibo ano tras ano con pequenísimas variacións, e xa case é peza de museo. Case, case que me custa entendela:
EN ESTAS FIESTAS TAM SEÑALADAS(por quen?) TE ENVÍO MIS MEJORES ANHELOS (isto que significa? DE FELICIDAD Y PROSPERIDAD PARA TI Y LOS TUYOS (os meus que?)
EN ESTAS FIESTAS TAM SEÑALADAS(por quen?) TE ENVÍO MIS MEJORES ANHELOS (isto que significa? DE FELICIDAD Y PROSPERIDAD PARA TI Y LOS TUYOS (os meus que?)
Comentario:
E nom recibiu ese do "duende" em fin de ano?.
Comentario:
Pois moitas grazas, teense e dodrense. Feliz ano tamén para vós.
Comentario:
Desde Bristol, unha parella formada por unha teense e un dodrense, enviamos os nosos mellores desexos para o 2006 ós creadores e visitantes deste espacio cibernético que a nós, persoalmente, tanto nos gusta. Felicidades, sorte e sobre todo saude. ¡Viva pipotiño!