Rarezas?
Circula entre os blogueiros un xogo que consiste en confesar cinco manías, hábitos ou o que sexa que se poidan considerar raros. Feita a confesión, noméanse cinco persoas e líganse os seus blogs para que fagan o mesmo.A min meteume neste lío o amigo Acedre.
Aí van algunhas das miñas rarezas e/ou manías:
1. Madrugar. Sempre desperto cedo e tardo moi pouco en erguerme, sexa o día da semana que sexa e déiteme á hora que me deite. Non lembro a última vez que me erguín despois das dez da mañá.
2. Ramón García. A ese tipo, o presentador de TVE, é que non o podo nin ver. Non me preguntes por que, pero é velo e teño que cambiar de canle. Está claro que terlle tirria a alguén non é ningunha rareza, pero o que non son capaz de explicarme é a razón pola que ese home me produce unha alerxia tan extrema e tan sostida no tempo.
3. Non me gusta o marisco: cómoo por compromiso.
4. Compro máis iogures dos que consumo. Unha e outra vez. Pásame con máis cousas, pero cos iogures é sistemático.
5. Isto que poño agora non é unha rareza, pero é unha situación que cada vez me descontrola máis cando me toca vivila. Resúltame extraordinariamente odioso asistir a reunións de traballo nas que, en lugar de ir ao gran e abordar cuestións concretas, o persoal se dedica a divagar, a contar batallitas, se xustifica por todo ou practica o autobombo. Esas manobras prodúcenme un mal humor que me costa disimular. Cada día máis.
Non vou nomear a ninguén para seguir o xogo. Ti mesmo/a, xa que pasaches por aquí, quedas convidada/o para falar das túas rarezas ou do que ti queiras.
Comentario:
Pues mir, casi tenemos las mismas rarezas. Excepto la del yogur que a mi me gustan bien poco.
Comentario:
Cando eramos pequenos bicábamos o pan antes de tiralo (o do bocadillo), pero eu fágoo extensivo a toda a comida.
Volvo a ser eu.
Volvo a ser eu.
Comentario:
O de bicar a comida que sobra é un costume do que non tiña noticia. Agora que tanta comida se tira sería o momento de recuperalo.
Comentario:
5 RAREZAS
1.- Bicar a comida que sobra, ou tiro, (ensinóumo a miña nai de pequena, e ainda o sigo facendo).
2.- Sólo discuto* ca xente amiga ou que quero, cos que non me interesan, paso, non gasto enerxias.
*DISCUTIR: Dar o meu punto de vista e que os demais den os seus.
3.- Encantame cando compro algo que realmente me gusta e o compro barato.(Cóntollo a todo o mundo).
4.- Debin de quedar un pouquiño infantil, pois me encantan os xogos, as adivinanzas, os secretos...
5.- Cada vez teño menos paciencia debe ser por o extres da vida diaria, ou por a edade, non sei.
Son eu.

Miro que es de pouco durmir coma min e de despertar a minima. Meu pai acostumaba a tocarme a punta do pe cando eu estaba a durmir e logo asustabao cando me erguia estilo momia.
Mira que non gustarche Ramonchu !!!. Que se lle vai facer. A min encantame e lembrame a un amigo de Acedre.
O marisco e cousa de gusto. Para min non e un compromiso senon un pracer.
As reunions esas non sei como seran que nunca tiven cousas desas na minha vida laboral. O mais parecido e a reunion comecocos en Revlon onde o xefe alaba aos traballadores e logo di que hai que millorar. Os traballadores por suposto monean que da gusto.
Gracias por abrirte ao mundo.