Sildenafilo
Mira que alfombriña máis bonita me regalou a doutora A.M.!! Non me negarás que o estampado é un puntazo. A todo isto, non sabía eu que este medicamento se chamase sildenafilo, así que gugueleei e entrei na primeira web que me saiu ao paso. Alí está todo moi ben explicadiño, desde os efectos secundarios -que teñen tela: diarrea, bochornos, aumento do volume das glándulas mamarias...- ata o consabido modo de emprego, que neste caso se remite basicamente a programar coa maior precisión posible o momento da inxesta, o que obriga ao paciente a ir sobre seguro.
Por suposto, tamén se nos indica que poñamos empeño en que a pastilliña azul se manteña "fuera del alcance de los niños". Criaturiñas!!
Comentario:
miña avoa cando le nos prospectos dos medicamentos eso de SI USTED ESTÁ EMBARAZADA O CREE QUE PUDIERA ESTARLO ... tamén fai este comentario: "criaturiñas, ¿como me andan poñendo esas cousas a min?"
Comentario:
Téñoo moi claro, Papuchi: non!!!
Comentario:
Anda pola miña casa unha revista que o meu concello reparte gratuitamente onde, entre outras cousas, explica como se consome este tal SILDENAFILO. O experto é un médico do Clínico de Santiago. E o que máis me chamou a atención a min non é precisamente o de non deixar ao alcance dos nenos.Doume conta que aos adultos tamén nos hai que dar todo ben mascado. Cito: "la ya conocida como pastilla azul libera oxido nítrico que dilata los vasos sanguíneos en el pene favoreciendo así la erección. Está contraindicado en mujeres".(pero hai que explicar tanto todo?)
Tamén me chamou a atención moito isto: "se toma una hora antes de la relación sexual y en ayunas". Daquela, digo eu, o proceso terá que ser matutino, porque ás once da noite e sen almorzar non sei se haberá home que resista por moi eficiente que sexa a pastilla. Convido a algún que pase por aquí (polo blog) a contar a súa experiencia.
E por último, os efectos secundarios: "puede producir mareos, diarrea o alteraciones visuales". Eu non sei se realmente haberá polvo que compense tanto sacrificio!Realmente, hai polvo que mereza tanto sacrificio?

A min tenhen que receitarme algo para o efecto contrario, he, he. Hai que rir un pouco, non?. Por certo, neste pais andan coches de carreira coa propaganda da Viagra pintada. Non sei se lles valera muito para correr.
Un saudo.
Un saudo.
Comentario:
Bueno, señor Arume, o seu atinado comentario faime pensar que tampouco creo que a miña imaxe pública saia moi beneficiada despois de contarlle "a-toda-españa" que unha doutora me agasallou con publicidade de Viagra. Pero xa non ten remedio...
Comentario:
Están moi ben estes regaliños por parte do médico. Dalgún xeito hai que premiar a fidelidade ó producto. A mín o meu médico tamén me deu unha alfombriña co diseño de trankimacines pero eu escondina, non a exhibín. creo que non beneficia á miña imaxe pública