Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
O secuestro da ordeñadora
O mesmo día que ETA asalta as primeiras páxinas co seu anuncio de tregua escoito unha anécdota que ten como protagonista a un home da zona de Boqueixón.
O que pasou foi que durante o transcurso dalgún dos célebres secuestros de ETA este home sucumbiu á presión mediática e dicíalle a quen quixera escoitalo: Ai Dios mío, e se me secuestran a miña muller quen me muxe despois as vacas?
 
Comentario:
O outro día en Localia entrevistaban a un tal Luís Pasín, que non sei moi ben quen é, pero segundo a entrevistadora era un santiagués eminente. E para pechar a entrevista a entrevistadora lanzoulle: " e cal é o segredo para levar 30 anos coa túa muller?. El di:" pois que a miña muller ten moito carácter e eu cando quere discutir marcho" Pero á entrevistadora non lle resulta romántico, non lle vale para broche final. E insiste: "algo máis haberá". O entrevistado contesta: "Bueno, claro, a miña muller é unha excelente cociñeira"

Hai mulleres que din que os homes só as queren para "iso". Pois xa se ve:non é certo.Quérenas tamén para outras cousas.
 
Comentario:
Aí levas razón: o conto este non é para rir.
 
Comentario:
non hai que rirse de ninguén sen coñecer ben como é o conto: quen sabe se este señor dispón doutros datos que non temos nós. ¿Non é posible que o Iglesias Puga, ou Iglesias Zamora, ou outros secuestrados por eta tivesen a virtude de saber muxir ben as vacas? e o home faría os seus cálculos
 
Comentario:
Xa ves para que queren ás mulleres!
No