Tradicións
A primeira: a viaxe primaveral a Riazor para que Iván o Deportivista e Ricardo se emocionen co Depor dos seus corações. Claro que disfrutar disfrutan cada vez menos co xogo do equipo, que non dá para moitas alegrías. Iso si, as penas con pan son menos penas. Velaí a proba gráfica. Atención aos tremendos bocadillasos.

A segunda das tradicións: esta é doméstica e seguímola cada ano en Oza (concello de Teo, lembra). O día da Pascua está consagrado á tortilla. Na miña casa faise unha tortilla normal, que é a da foto (mamá Esther en acción), e outra con ovo e chourizo pero sen pataca. Ovos e colesterol a esgalla, pero todo da casa, eh. O postre non pode ser outro máis que un bo anaco de rosca, ou dous. Ou tres.

Comentario:
Qué pinta máis boa ten. E a miña comida preferida.
Comentario:
Barlotiña, un pouco de tortilla non che ha facer mal. Ademais, mira esta ligazón e verás como as gasta o peixe: http://www.ceaccu.org/metil_mercurio.htm
Comentario:
Na miña casa é exactamente o mesmo...pero a tortilla con máis chourizo, que somos moi colesteroleiros....a mín puxéronme pescadiño cocido,polo do meu réxime, pero deixeino á metade e paseime á tortilla...tampouco estou para romper tradicións a estas alturas...