Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
O lado escuro
Levo un tempo buscando pola rede evidencias que corroboren unha afirmación que oín de moi boa fonte: o mal carácter das caixeiras dos supermercados Día responde a consignas da empresa.
Non dei atopado nada reseñable ao respecto, e ben que o sinto. Iso si, polo camiño tropecei coa versión dunha das propias interesadas. Transcríboa na súa literalidade:

trabajo en supermercados dia% desde ace un año.
sinceramente si sigo hay es por mis compañeras k las kiero komo ami familia nos llevamos todas genial si no fuera por ellas no avria aguantado alli ni dos dias.+nos explotan;somos cajeras reponedoras señora d limpieza todo en uno y kon un sueldo k da pena y pa kolmo aki en bilbao no t pagan las horas k metes d mas.
ni se os okurra exar currikulum si no keris koger vaja por depresion
aparte los clientes son peores k nosotras e akavao llorando mas d una vez m insultan m gritan m amenazan m roban en fin
lo k hay k aguantar a mis 19añitos
agur


Se queres máis, aquí.
 
Comentario:
Un se esta descontento co traballo que marche e xa esta. Un cliente que se porta ben cun empregado non ten porque aturar as malas caras anque as chegue a comprender. Eu cando estiven a disgusto nun choio, collia e marchaba que habendo ganhas de traballar sempre hai onde ganhar para vivir sen chegar a ser burgues.
 
Comentario:
a conxura masónica segue en marchya ...agora as caixeiras do día son antipáticas por cuestións puramente empresariais ? e non terán que ver os salarios escasos e as concondicóns laborais á hora de definir as aptitudes e condicións dun traballador? ..en fin ...se alguén ten problebas, no Corte Ingles hai caixeiraS encantadoras quE mesmo poden ( por un bo prezo, boa compra etc...) satisfacer as inquedandanzas do máis exisente buscador de respecto e consideración ó pe dunha caixa rexistradora; por outra banda é doado esixir deferencia dun traballador/ra tan extremadamente " puteado" .....canta burguesa sensibilidade.....
 
Comentario:
Eu lembro cando me roubaban as pesetas do cambio e eu por vergonha non llas reclamaba. Un dia pedinlle as duas pesetas que me tinhan que devolver e dixome que ela non tinha. Eu dixenlle que non me importaba, que pedira noutra caixa. A caixeira tivo que chamar a encargada, contoulle o problema cunha cara de can que botaba para atras e a encargada sacou pesetas doutra caixa e a caixeira deume as duas pesetas sen dicirme chio.
Son maleducadas en xeral. Non sei o porque pero e asi.
 
Comentario:
enviareiche unha foto que quizais poida contribuír á túa investigación
No