Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
O alcalde de Teo queda sen galiñeiro
Por fin luns, dígoo sen coña. Despois de pasar esta fin de semana literalmente pegado ao ordenador da mañá á noite para darlle forma a un proxecto que non podía demorarse, chega este luns, o último de abril, no que podo tomarme un pequeno respiro. Entre as tarefas pendentes, faltaría máis, está revisar o blog e poñer algunha novidade para darche que ler.
Revisando xornais atrasados dei cunha noticia do meu concello que me cautivou. Titúlase Denuncian las molestias causadas en Teo por una colonia de gaviotas e, cousa ben rara, implica ao noso alcalde, o Doctor Blanco. Resulta que detrás do seu establecemento hosteleiro, don Armando ten un galiñeiro a ceo aberto, imaxino que para enriquecer con ovos da casa as tortillas dos VIP. Tal galiñeiro, segundo parece, atrae a multitude de gaivotas que, de acordo coa versión dos denunciantes, "producen suciedades, defecan e báñanse nas augas da piscina da urbanización, manchan a roupa que seca nas terrazas, manchan as claraboias, os tellados e as paredes do edificio con excrementos, producen ruidos e molestias, que afectan en gran medida aos veciños". Xenial. Iso si, o alcalde comprometeuse a pechar o galiñeiro. Nada que temer, polo tanto.
Le aquí o artigo que publica A Voz de Galicia.
No