Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Poteitos
Hoxe pola mañá tocou poñer as patacas. A foto recolle o momento en que, xa dispostas nos regos, iamos tapalas recurrindo ao clásico sistema de botarlle terra ao asunto.
Mentras traballabamos pensaba eu no que faría miña nai, que seguramente é unha das máis devotas pataqueiras do planeta (ela chámalle sempre pataquiñas), se se lle presenta pola porta algún predicador dalgunha das dietas que as prohíben coma se fosen veleno. Está claro que miña nai se apuntaría a este outro bando.
 
Comentario:
Vou probalas antes que me toca a volta a mediados de xunho. De todas formas teremos que quedar que xa me convidache a bastante, non ?.
Un saudo.
 
Comentario:
VOUME CONFESAR:as fritidas as cato ás veces...e como é algo prohibido...aínda as aprecio máis!!
 
Comentario:
É certo, Kate. A min gústame máis a palabra amolar que a outra, que me lembra aos nenos espantosos de Ana y Los Siete (qepd)
 
Comentario:
hahaahha, que diferente AMOLA e MOLA, a que si?
 
Comentario:
Ai, o de recollelas amola máis. Por un lado, porque se fai con calor; polo outro, porque ou moi mal vai a cousa ou sempre haberá máis patacas que recoller das que se sementaron.
 
Comentario:
Xosé es un condenado!!!
 
Comentario:
bufff, creo que é das tarefas agrícolas que máis odio, sobre todo recollelas. Decidín non comelas, e así tampouco llas vou pedir a miña nai, con todo morro (que ultimamente non as vou prantar nin recoller... mala filla)
 
Comentario:
Barlotiña, non están enteiras. A parte que está cortada está contra a terra, por iso non a ves. Sinto que non poidas catar as fritidas, pero cocias tamén están boas e non lle fan mal a ninguén.
Mira a Lucía, que tanto lle gusta a tortilla que nolo escribiu dúas veces, para que quedase claro.
Señor Acedre, alá cando recolla as patacas (finais de xullo no noso caso) faga vostede unha escapadiña a este lado do Atlántico e verá que boas están.
 
Comentario:
Pois eu son unha das que estou a dieta (con dietista e todo) e as patacas fritidas nunca, pero as cocidiñas, de cando en vez podo, e aprendín a aprecialas...Outra cousa, están enteiras no rego????...cando eu era pequena mándabanme cortalas en anacos deixándolle a cada un o xirimelo ou ollo para plantar...non facedes así?
 
Comentario:
Neste pais andan muito coa dieta de Atkins que proibe patacas, pan, pasta e demais carbohidratos. A verdade e que adelgaza pero tamen escaralla o figado.
Nos seguimos coas patacas (por certo malisimas e podres) e o pan que e dificil de topar pan bo fresco.
Boa sorte coas patacas que tenhen unha pinta boisima.
 
Comentario:
Neste caso eu estou coa túa nai. A min encántanme as patacas fritas e a tortilla.
 
Comentario:
Neste caso eu estou coa túa nai. A min encántanme as patacas fritas e a tortilla.
No