Os informáticos e o bacallao
O 30 de xuño participei nunha cea espléndida. Festexábase o remate da tempada informática de Silleda e había que facelo con alegría. O lugar elixido foi o restaurante O Pote, que queda en Piloño, no concello de Vila de Cruces. Moi recomendable o sitio, por certo.
O vídeo que se adxunta resume a velada en tres minutiños. Os seus autores: Lucía, estreando a súa cámara dixital, e Iván o Deportivista e Antonio de Lamela coa videocámara.
Eu, ademais de pasalo moi ben con esta xente tan xeitosa, fun agasallado cun reloxio chulirrrrrrmooo!!! Bueno, e Iván o Deportivista tamén saíu todo contento coa súa camiseta. Faltaba María, pero que saiba que nos lembramos moito dela.

Comentario:
Eramos moitos e entre nós estaba don Antonio, como ti lle chamas, que asistíu todo o ano coma un campeón. Un gran tipo.
Comentario:
Este ano erades moitísimos, mira que dúas mesas... Pareceumo a min ou estaba D. Antonio (ó mellor so mo pareceu a min). Estás coma sempre.
Comentario:
Grazas, Lucía. No próximo vídeo dareiche máis minutos. ;)
Comentario:
E moi bonito, como todo o que fas ti, e e mellor de todo era a compañía.
Comentario:
Si que é bonito xuntar xente de todas as idades. Imaxino que por iso ten esa cara de felicidade Fernando Cano, o último tipo que sae no vídeo. Ao mellor tamén pensaba -xa que é escultor, e moi bo- en algún modelado que lle rondaba.
Comentario:
Gustoume moito o video. É bonito ver como se reune xente de tódalas idades. Por certo, ¿en que estaba pensando o último tipo que sae no video para ter esa cara de felicidade?