Testosterona
Unha das cousas boas da miniaturización dos recursos tecnolóxicos é que podes ir á tasca do lugar, deixar enriba da mesa unha cámara de fotos que colle na palma da man e gravar vídeo sen que ninguén se sinta observado.
Comentario:
Tomo nota da proposta, Luísa. De momento corren malos tempos pois por unhas semaniñas estamos sen fútbol, pero só é cuestión de tempo.
Comentario:
Agora que xa te vexo tan profesional, propóñoche que fagas unha gravación de fronte destes homes vendo un partido de fútbol. Dan o perfil. Creo que poderían dar un interesante documento.
Espero que aceptes a proposta. Aí pola túa zona hai unhas tascas moi xeitosas, con pantalla máis grande ca a tasca, que che vou explicar...
Espero por "elo"
Espero que aceptes a proposta. Aí pola túa zona hai unhas tascas moi xeitosas, con pantalla máis grande ca a tasca, que che vou explicar...
Espero por "elo"
Comentario:
Aprezados/as comentaristas:
Xa tomei en consideración o feito de que, tratándose de cus masculinos, a "película" quedaba a salvo de certas críticas. Por outra banda, no local onde se fixo a gravación non quedaba outro remedio que filmar homes, pois alí case non entran mulleres. Que se os cus se acaban parecendo? Claro, e cantos máis se acumulen menos notas a diferencia entre eles.
Por último, o tipo de bigote non se enterou da movida. Mellor para este Falabarato, pois o individuo ten un aire do máis contundente...

É curioso que os traseiros masculinos acaben sendo tan idénticos. Non sei se é cuestión de globalización ou de idade.
Por certo, o señor que sae parece o Cachuli da Pantoja.
Por certo, o señor que sae parece o Cachuli da Pantoja.
Comentario:
sabes que si fosen cus femininos xa terías as miñas críticas???desta forma...o único que podo dicir...é... ¿cachoute o último que saía..ou eres un profezional?
Comentario:
que perigo, xa non só os famosos son os perseguidos polas cámaras. non imaxina o señor que mentres raña o pandeiro o están gravando