Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Moras
Non sei se haberá dez anos desde a última vez que tomei marmelada de moras. Por aí lle andará, pero aínda me lembro dela cada ano. De feito, chegado este tempo sempre aproveito para ver cómo vai a colleita e, naturalmente, para comer unhas poucas.
Un día destes cadroume pasar por Aríns, pertiño de Compostela. Levaba a cámara dixital e tiña un día deses de "gatillo fácil", de maneira que empecei a disparar a esgalla. Despois de días como os que vivimos neste mes de agosto dá gusto empaparse de verde.

 
Comentario:
A min lémbrame moito cando era cativo e apañabamos moras, cunha par de lousas (que atopabos polo chan) machucánbase e a merendar. E nunca nos pasou nada e iso ca hixene non era moita.
 
Comentario:
Pois a receita non parece moi complicada. Haberá que probar...
 
Comentario:
A min encántame un postre que se chama "pisote de moras" a receita é moi fácil:
- Vaise de excursión para recoller as moras, con coidado de non pincharse demasiado.
- Pásanse por auga.
- Machúcanse suavemente cun tenedor.
- Engádeselle azúcar(opcional).
- Déixanse macerar un pouco.
E listo. Están boísimas.
 
Comentario:
Eu vivo en Inglaterra e aquí, aparte da mermelada de mora, venden tamén as propias moras e, por certo, carisísímas.
Interesante documento.
No