Y vosotros os vais de puente?
Chegan as Letras Galegas e todo é un sin-vivir para decidir a donde imos de ponte ou un atormentarse por non poder disfrutar del. Andaba eu a cavilar nestas cousas e trasteando por aí cando dei co blog http://machacarallos.blogcindario.com/ . Alí atopei un artigo sobre ese asunto co que concordo plenamente, sentido do humor incluído. Aí che vai.
"O día das letras volve ser festivo, e penso que non hai favor máis fraco para a nosa cultura. Xusto o día no que os rapaces deben encher as horas lectivas de lecturas arredor de Lorenzo Varela, ou facer concursos de escritura, ou ver cine en galego, ou o-que-sexa-para-mellora-la-cultura-no-noso-idioma, xusto ese día, os rapazolos quedan na casa a ver DeuVeDés e xoghar coa Pleiesteision.
Xusto o día en que os currantes deberían ver pola rúa lembranzas á tan conmemorativa data, tales currantes sairán de ponte a sabe Dios que lugares foráneos da nosa xeografía... Para calquera cousa menos para homenaxea-las nosas letras.
Que pasa? Que a ninguén se lle ocurriu trocalo festivo das letras polo de San Xoan, por exemplo?. O día 24 de xuño, media Galicia chegha ó traballo cheirando a sardiñas, xolda e fume de lumeiradas aínda mal apaghadas, e coa consecuente carencia produtiva.
Non sería mellor deixar como día laboral o día das letras e facer feriado o 24 de xuño? digo eu...
Máis que nada polo ben da cultura e dos nosos ósos."

Comentario:
Eu concordo. E ben que me j-de que o "coruñés apátrida" e moitos coma el poidan ter un día de descanso a conta das letras galegas!
Comentario:
Tes boa razón... o falar non ten cancelas.
Moitas "grazas" (eu seguirei a dicir "gracias") polo linqueo... Agrgado 'tas nas miñas ligazóns.
unha aperta pangalaica