Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Pipotinho fai un aniño
Estes días estivemos a festexar o cumpleanos de Pipotinho. O tempo pasa rápido, como é ben sabido desde sempre (Hoxe aquí e mañá alá, tempus fugit...).

O programa de fastos deste feliz aniversario foi o seguinte:

-Sábado 26: asistencia ás vísperas da Romaría da Virxe dos Remedios en Requián (A Estrada). [Dentro vídeo]

-Domingo 27: festa íntima na honra de Pipotinho. [Dentro vídeo]

Como toda festa que se precie, sempre ha de haber algo de tomate.
 
Comentario:
Alberto De Mónaco?...
Super-dedo?...xa podes ir deixando algún comentario que me ilustre.
Ta claro cheguei tarde a festa
(Tempus fugit...)pero paseino admirablemente ben.Saúdos.
 
Comentario:
Pipotinho pensará que para que tanto interese na billa se logo o condenan a esta vida de alcohólico anónimo, en vez de vivir regado en viño, como el pensou que ía ser cando naceu, e como todos os colegas. Ser
bonito ten o seu prezo tamén para os de súa especie
 
Comentario:
Colazo, ben ves que a túa aportación tivo eco. É que tamén tiña delito facer un pipo sen billa. Saúdos.
 
Comentario:
xa case non lembraba que fora eu o autor da frase que animou á instalación da billa
:-))

saúdos!!
 
Comentario:
En nome de Pipotinho douvos as grazas polos parabéns. O tomate pesaba un kilo ben cumplidiño: unha fartura.
 
Comentario:
E canto pesaba o tomate que non se aprecia ben?
 
Comentario:
Entrañable momento. Parabens Pipotinho. Xa pronto empezará a dicir as primeiras palabras e o tempo irá pasando tan rápido que, cando nos deamos conta, estará en idade de sair e polas noites darase a tan malos vicios que acabará por ter, en vez de sangue, viño. Digo eu, so é unha suposición...non me fagades moito caso.
 
Comentario:
Feliz cumpleanos. Pero non lle vin a tarta.
No