Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Promoción 2x1
Hoxe tiramos a casa pola ventá e ofrecemos dous vídeos polo prezo de un. Que ruxa o YouTube!!
O primeiro é un percorrido polo santuario da Saleta (Siador - Silleda). As imaxes foron gravadas polo amigo Antonio para completar un documental sobre a procesión da Saleta deste ano. Vinas, gustáronme e póñochas aquí.
O segundo vídeo é un traballo feito arredor dunha canción de Arab Strap que me resulta arrebatadora. Se gustas, aquí.
Nota: Subín unha versión deste último vídeo en branco e negro. Gustábame como quedaba pero tiven que cambiala porque o YouTube non o dixería ben e había anacos que non se vían.
 
Comentario:
Grazas, amigos/as, polos piropos. Así dá gusto.
 
Comentario:
A min o segundo vídeo paréceme estupendo
 
Comentario:
Música xenial, letra xenial, vídeo...tres en raia! O tema da canción da moito que pensar, de moita actualidade. Nada, que moi currado...Non coñecía eu a este grupo...
 
Comentario:
Moi bonitos, como todos os que fas.
No