Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Marcelino
-Oes, Marcelino, que che parece se collo a cámara e gravo o que estás a facer? Impórtache?
-Non, ho! E saca tamén a teu pai diante da cociña e así gardarás un recordo del para cando che falte.
-Sabe dios se non irei eu diante...
-Buenooo...! Ti es novo e é lei de vida que os vellos vaiamos marchando antes. Pero acórdate de teus pais, que moito levan traballado nesta vida...


Este é Marcelino. Delgadiño e áxil, levántase e agáchase igual ca un home mozo. O pouso que dan os anos véselle cando fala, cando mira, cando pensa.
Estes días está poñendo a nosa nova cociña de ferro [Ver o vídeo].
 
Comentario:
Dá gusto ver traballar a Marcelino.
 
Comentario:
A min tamén me pareceu sabio á súa maneira. E ue me dis dese manexo de paleta, Brais? Á altura de Federer, como mínimo.
 
Comentario:
Sabio home, Marcelino. Os pisos hoxe en día non valen o que custan. E hai moita especulación. Afortunado o que pode facer a sua casiña, o seu xeito.
No