Santo Tomé
Este inicio do nadal estame resultando un pouco movido, e non sempre para ben. De todas formas, como non é o meu hábito usar este blog como pano de bágoas, aparcarei as penas e deixareiche hoxe un vídeo ben xeitoso. O venres 22 animáronme a asistir á festa do Santo Tomé que se celebrou no teleclube da parroquia silledense de Parada. Alí, armado con trípode e cámara, gravei máis de dúas horas de cinta. Tanto me gustou o material que decidín facer tres cousas: un vídeo oficial, duns 28 minutos de duración; un pase de diapostivas coas fotos realizadas por un improvisado axudante; e un vídeo de curta duración e sen imaxes de nenos (difícil, pois había moitos) para colgar no YouTube. Convídote a velo:
Comentario:
A verdade é que festas con esta sabor son, por desgraza, unha rareza hoxe en día. Se tes máis gravacións das señoras cantareiras, estaríache infinitamente agradecido de que mas pasases. Parabéns e moitas grazas por este vídeo.
Comentario:
¡Que bo ambiente! Así da gusto. Feliz Aninovo.