Silleda ten un pintor...
Estes días conseguín facer facer realidade un proxecto que xa levaba o seu tempo na sala de espera: a dixitalización de dous vídeos en soporte VHS nos que se aborda a figura do pintor Manuel Colmeiro Guimarás.
O primeiro deles é unha entrevista de algo menos de media hora emitida por TVE-Galicia no ano 1999, poucos meses antes do falecemento de Colmeiro. O segundo recolle o acto de homenaxe ao pintor que tivo lugar no Instituto de Ensinanza Secundaria Pintor Colmeiro (Silleda) en xuño de 2001. Neste caso, as imaxes foron gravadas por Canal Deza.
Unha vez localizados os orixinais (grazas, Fernando) e dixitalizados (grazas, Miguel), elaborouse un DVD para a súa distribución a moi pequena escala. De calquera xeito, se queres unha copia só terás que mandarme un correo (xdafonte@yahoo.es) e comprométome a buscarme a vida para remitircha.
Para abrir boca, deixo dúas ligazóns:
1. Un extracto da entrevista [aquí].
2. O acto de homenaxe a Colmeiro do 2001 [aquí].

Comentario:
xenial a entrevista a Colmeiro, que home tan lúcido. Un documento excelente
isto non é unha idea nova, pero a xente así tiña que ser eterna