O Verbo Xido
O Verbo Xido é unha xerga que empregaban os arginas (canteiros) para entenderse entre eles. Como é lóxico, cada vez é máis complicado dar con alguén que a coñeza e sexa quen de usala con soltura.
Manuel é unha destas persoas. Aos seus oitenta anos, este home aínda traballa a pedra no seu taller (ou chiringuito, como lle chama el). Vive en Cortegada (Silleda) e aceptou porse diante da cámara para falar do Verbo e de moitas cousas máis.
Esta gravación non tería sido posible sen a axuda de Cachafeiro, amigo de Manuel, amigo meu e dono do Seiscentos máis bonito que teño visto (aquí che deixo as probas).

Comentario:
interesante documento. gracias.
Vou jandir. chao.
Vou jandir. chao.
Comentario:
isto é unha xoia. Non podes gravar a dous canteiros falando?
Comentario:
Felicidades, xa levas dous anos co teu blog.
Comentario:
Interesantísimo vídeo. ¿Cómo farían para ensinarse todo ese vocabulario entre eles? Tería que levar unha chea de tempo supoño, e predisposición dos outros para aprender e reter, que non sempre se pode contar con iso. ¿Que están a facer os lingüistas? ¿Introducindo estranas palabras no galego que ninguén dixo nunca? ¡Que se poñan a traballar xa nalgo serio!, que sería unha pena que se perdera ese tesouro froito da inventiva do pobo. Impresionante, moitas gracias a Manuel por contalo e a Xosé por gravalo.