A Nosa Señora da Pena das Paleiras (II)
Remataba xuño cando fun visitar por primeira vez a Pena das Paleiras, no concello asturiano de Santalla de Oscos. O sábado pasado, 14 de xullo, volvín a Santalla para ir á romaría.
Comentario:
A virxe é da pena-rocha, aínda que ben ha valer para reparar as penas dos devotos. Dicíalle un dos organizadores a unha velliña que lle expresaba as súas dúbidas con respecto ás prestacións da santa: Vostede pida un desexo, que o importante é ter fe.
Señor Solovio, teña en conta que o gaiteiro é silledense de-toda-la-vida, e o terruño sempre tira.
Señor Solovio, teña en conta que o gaiteiro é silledense de-toda-la-vida, e o terruño sempre tira.
Comentario:
Como se enteren no goberno asturiano que o gaiteiro toca unha marcha procesional galega, retíranlle a licencia para tocar en público. Moito ollo e discreción!
Comentario:
ah! non é das penas, é da pena, rocha, non?
Comentario:
que bonito che quedou este vídeo, encántame o profe de xeografía (un así facíame falta a min, que me perdo sempre). O que nunca vira é iso de pasar a xente por debaixo do santo, ¿é modalidade asturiana?. Noraboa, vese que foi un bo día de festa, encomendado á señora das penas, iso si. Un bico.