Xuntanza de blogueiros en Agolada

Onte recibín un recado de Manuel Busto, ese gentleman agolense a quen tiven o pracer de tratar:
Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presencia. Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina.
Adxunta unha web de referencia.
Non sei se participarei nesta kedada, pero a solvencia de quen a organiza e o impresionante marco no que vai ter lugar son argumentos que estou considerando para vencer esa especie de pereza que me producen xenericamente tales concentracións. Se Edelmiro Silveira non tivese caído nun letargo de meses, esta blogoconcentración habíalle dar para algún comentario memorable e, vaiamos ao fundamental, para compartir unhas cervexiñas con Falabarato. Aí queda esa luva, don Edelmiro.
No camiño que leva de Lalín ata Agolada está a parroquia de Goiás, que é onde se gravou o vídeo que hoxe che traio. Cómpre aclarar que desta volta non foi Falabarato quen fixo o traballo, senón Xoán Carlos García, un compañeiro e amigo que é veciño desa parroquia lalinense.
Prometeume Xoán Carlos que o traballo me ía gustar e no se enganou, abofé. Impresionoume a lucidez coa que Modesto López, que é o señor que fala no vídeo, reivindica aos seus 84 anos a vixencia da necesidade da transmisión diso que globalmente podemos chamar a tradición.
(Aproveito para estrear unha conta en Dailymotion, un portal de aloxamento de vídeos que me parece máis potente que o YouTube, cando menos en prestacións. Xa me dirás.)
Comentario:
Abraouse Edelmiro ante as referencias que sobre a súa persoa atopou en certo blog de sona, e decidíu porse mans á obra na reactivación do seu prestixio. Pero, como farei? Matinou. Dende Bernie non atopara un estilo sobranceiro coma o de Manolo. E nestas chegou Modigliani... Que pelazo!
Comentario:
Ah, se vas á blogokedada de Agolada poderás coñecerme personalmente.
Comentario:
Gustoume o final cando di que non sabe que camiño seguirá o mundo.
Comentario:
Un avó xenial a súa maneira de ser e falar son tesouros de sabedoría inesgotable.
Lémbrame un chisco o mítico e admirado Paco M. Soria y catapum.
Lémbrame un chisco o mítico e admirado Paco M. Soria y catapum.
Comentario:
Todo un tratado de pedagoxía. Un pracer para os ollos, para os oídos e para o corazón. O pracer da verdade e a melancolía....
Comentario:
Modesto é todo un exemplo de lucidez e sabiduría, que vitalidade e entusiasmo ten. Recórdame moito a miña avoa. Os consellos dos avós..., canta razón! Agora os rapaces non saben escoitar (ou será que non lle ensinamos, como non hai tempo...).
Noraboa polo traballo, compañeiros!
Noraboa polo traballo, compañeiros!