Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Festa dos Callos e da Cantería
Este domingo pasado, seis de xullo, tivo lugar en Parga (Guitiriz) a décimo cuarta Feira da Cantería, dos Callos e da Artesanía. Alex Ghalpon estivo alí e achegoume unha moi cumprida reportaxe fotográfica.


Festa de Parga 2008
Cargado por ocense


Tamén a podes ver en YouTube.
 
Comentario:
Pensou Edelmiro que Álex xa fixo méritos de abondo para montar unha tarde a cabalo.
 
Comentario:


Saudade.
 
Comentario:
Ola a todos, moitas grazas polos parabéns, pero a verdade é que as fotos tamén gañan coa montaxe. Agradecida a Falabarato unha vez máis por facer eses vídeos coas miñas fotos, e por adobialas sempre coa música precisa.
 
Comentario:
Como ben di a canción, eu "desexaría estar ali". Estupendas fotos e sublime música.
 
Comentario:
Isa, transmitireille a Alex os parabéns que lle envías.
Apertas de verán, aínda que con choiva.
 
Comentario:
Estupenda reportaxe. Parabéns para Alex, hai moita sensibilidade nestas fotos.
Unha aperta de verán.
No