Un país de tortilla
Daba conta hai uns días da macrotortilla de Carcacía-2005. O mal tempo non fixo posíbel coiñala o 15 de maio, domingo, polo que houbo que deixala para o 17, martes, Día das Letras Galegas. Resulta admirábel comprobar que dous dos asuntos que tratei neste blog ultimamente, tortilla e Letras, acaban converxendo deste xeito.
Entre os asistentes á tortillada estaba meu irmán, que aproveitou para facerlle fotos á sartén, aos cociñeiros e cociñeiras, ao guindastre e a Quique Morales, o reporteiro que a TVG desprazou para cubrir este evento tan do seu gusto.
A foto que estás vendo non corresponde á edición deste ano senón á de 1999. O fotógrafo, que tamén é meu irmán, captou un momento clave da celebreixon: Beatriz Manjón, micro da TVG en ristre, luce escote diante da sartenaza e dos esforzados e -supoño- acalorados cociñeiros. Ao fondo podes ver o camión no que se instalou o guindastre, un elemento clave da festa pois del depende que se lle poida dar a volta á tortilla.
Un demiño que me ronda susúrrame unha frase enigmática: Sobran tortillas e faltan guindastres. Non sei se ese demiño será real ou se terei, como lle pasa ao grande estadista, un estado en la cabesa. Non che somos nadiña.

Comentario:
Desde logo, amábel e sagaz comunicante, está claro que o paisano, segundo o que se ve na foto, para a tortilla mira máis ben pouco. A cal das mulleres enfoca? Eu creo, despois de calcular matematicamente a dirección da mirada, as respectivas posicións e certas tendencias universais masculinas, que se trata dunha mirada perdida, melancólica, dirixida retrospectivamente ao paraíso perdido da infancia feliz na que a nai abnegada lle facía unha tortilliña fritida en graxa de porco. Tamén pode ser, e esta é unha hipótese non menos plausíbel, que estea pensando no que lle vai custar cambiarlle as rodas ao coche e se lle compensará recauchutalas para ir tirando ata o inverno. Homes...
Comentario:
hai unha cousa na que te equivocas (xa ves, todos se equivocan algunha vez): o que loce beatriz manjón nesta foto non é escote. Eses dous vultiños que sobresaen non son o escote, son os ombros. O escote, que, curiosamente, beatriz manjón loce sempre, aí está tapado, e ademais despuntalle cara adiante non cara arriba. Aínda que a foto ten miga: habería qeu analizar a ollada do paisano que está ó fondo a onde vai dirixida (a cal das dúas mulleres). nunca se sabe...