Carme
Nas últimas entregas do meu roteiro comentei as incursións, para min pouco afortunadas, de dous candidatos á presidencia do goberno galego na cibercomunicación. Pois ben, no meu paseo matinal pola rede veño de ler no blo de Brétemas a reseña dunha nova incorporación á roteirosfera (toma palabro!). Chámase Carme Adán e é, entre outras moitas cousas, candidata do BNG por Pontevedra e compañeira deste menda nos tempos de estudante de filosofía. Será por isto último, será polas louvanzas de Brétemas, será porque entrei e o lin, será por todo xunto... O caso é que me pareceu moi interesante o blo de Carme e só espero, como lle din nalgúns comentarios, que a súa presenza na rede non remate o 19 de xuño. Amén.
Comentario:
Estiven buscando o blog de Carme Adán a dame como "imposible de atopar" ¿É que xa non publica? Noraboa pola tua educativa bitácora que repaso a miúdo