Pensionismo e/ou barbarie
Con esa idade tiña que estar na súa casa. Non, ho, que se vai para a casa, afeito como está a ghobernar, non dura nin un telexornal. É certo, ese homiño morre se o sacan da Xunta. Esta debe ser, digo eu, unha das conversas máis repetidas na Galiza pre-electoral e hipercalórica que nos toca vivir. Será que eu tamén vou cara a vellez, pero dígoche que cada vez me agrada menos que o asunto da avanzada idade do Capón de Vilalba se instale no medio e medio do debate electoral, a veces como único argumento. Pode parecer, oíndo tales comentarios, que Fraga sería un candidato ideal se non fose polos achaques propios dos seus moitos anos. Claro, o look dun vello que camiña con dificultade e que se marea cando está a soltar un rollazo parlamentario non casa coas correntes da mercadotecnia que o invaden todo e que, a falta dun discurso potente en términos xenuinamente políticos, elevan aos altares o mito da xuventude como motor de progreso, cambio e non sei cantas cousas máis. Tan aceptado está este tópico que o propio PP non ten ningún reparo en intentar falsear a imaxe do candidato nun exercicio dun patetismo tan descomunal como é editar un cartel electoral cunha fotografía flagrantemente retocada. E que dicir das imaxes que ofreceu a TVG do acto-papatoria do Monte do Gozo o sábado 28 de maio? Sabemos que a maioría dos 30.000 fieis eran os de sempre, os que collen o autobús pagado con cargo aos fondos públicos e van obedientemente cumprir co rito da transubstanciación da carne ao caldeiro. Nembargantes, a TVG insistía en sacar "nenos/nenas ben" que axitaban modosiñamente as súas bandeiras e relegaba á maioría da terceira idade a unha presenza menos relevante, suponse que porque nos remiten á imaxe dunha Galiza pailana, unha imaxe que debe ser correctamente administrada.
Canto me enrollo!! O caso é que a miña mala hostia con este monotema da idade de Fraga débese fundamentalmente a que me parece que sobran argumentos para denigrar a súa xestión. Non entro neles, que ti ben os coñeces, pero creo que é por aí por donde hai que atacar, e sen complexos. O da xubilación, a fin de contas, é un estado cada vez máis relativo. A Fraga non lle chegou rebasados os oitenta anos e outros xubílanse con ben menos. Fíxate no caso de Nacho Vidal, alias "O taladro de Mataró", que con trinta anos deixa a súa profesión de actor porno, di el que por amor. Iso si, as 3.000 pelis que rodou constitúen un valioso legado á historia do cine. (Póñome a botar contas e quedo pelín abraiado. Non somos nadiña...).

Comentario:
Estou de acordo con que sobran motivos para non volver votar ó PP. Eis unha: "Son o garante para pagarvos, dunha vez por todas, o que levades feito por min e polo PP" (palabras de Xosé Luís Baltar nun mitin na Rúa en 2003)