Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Móvome con zapatos novos
"Viva o exhibicionismo intelectual", proclama o xograr desde un blo no que aínda non leva moito escrito. Segundo se desprende dun dos seus artigos, o noso xograr forma parte dun grupo de exhibicionistas intelectuais que se deixan caer por certos actos culturais/lúdicos. Algo así, imaxino eu, como os moteiros das pelis, pero sen chupas nin cadeas (bueno, mesmo sen motos). Iso si, con moita mellor ortografía e cunhas linguas viperinas sempre prestas. Coñecendo ao personaxe, home agudo, sarcástico e un pouco provocador, dame que me agardan algúns artigos sabrosos no seu roteiro.
O último deles fai leña do MÓVOME, o eslogan estúpido que o PSdG escolleu para convencernos nesta campaña. Paga a pena lelo.
No