Erosión
Entre estas dúas fotos median dous meses. A primeira xa a publiquei neste blo no mes de xuño; na segunda, tomada estes días pasados, aprécianse con claridade os signos da erosión da imaxe de Fraga, e iso que por aquí, a casa dos meus pais, non pasaron Katrina nin o tsunami.Tampouco quero que se me acuse de partidismo: todos os carteis electorais están sometidos a un proceso de deterioro igual de acelerado e severo, un fenómeno que, máis alá das razóns físicas que o explican, obedece tamén a unha poderosa determinación metafórica. A ver, explíquese vostede. Pois quero dicir que, do mesmo xeito que os carteis nos presentan a un candidato pletórico de look e de entusiasmo no período preelectoral, no momento do baixón post evidencian con que rapidez se vai desinflando toda esa pantalla ata quedar en nada. Tamén é verdade que colocar o cartel nun contedor acelera considerablemente todo este proceso.
Comentario:
Sempre me pareceu unha forma fea de anunciarse: pegar cartaces en calquera superficie a man que houbese. E o que me parece terceiromundista e que rematen as eleccions e non recollan esa vasura. E ollo que o fan todolos partidos.
Nos USA e distinto. Se un e simpatizante dun partido ou un candidato, merca uns carteis que se espetan no cespede. Tamen hai pegatas a venda e non hai megafonia que iso xa me parece do ultimo.
Non sei. Quizais tinhamos que copiar ese costume dos americans. Non ?.
Saudos.