Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Conta atrás para Iván
Se coñeces a Iván xa sabes que un dos días máis sinalados é para el o da nosa visita anual a Riazor. Se o coñeces sabes tamén que nas vísperas de tal acontecemento o home está un pouquiño intranquilo, en parte pola emoción e en parte polo medo que xente coma min lle mete no corpo (que se ao mellor non podemos ir, que se vai chover moito, que se non hai entradas, etc).
Este ano voume portar mellor co amigo Iván e quero tranquilizalo: xa temos as entradas para ver o Vila-Real o día 10 de abril. O que non está claro é onde imos coller os bocatas, e se te fixas na foto cadrarás conmigo en que ese non é un tema para tratar á lixeira...
 
Un estado en la cabesa
Estes días está na boca de todos a entrevista que concedeu o alcalde de Pozuelo de Calatrava á revista Ecos, na que soltaba perlas como "Yo siempre he vuelto, como se dice en La Mancha, a montar la jaca en casa" [Por certo, se queres ver a entrevista completa deste experto xinete, pulsa aquí].
E que pasa con nós, cos galegos? Non teremos aquí picos de ouro que rivalicen cos de outras latitudes? Como creo que son horas de reivindicar o noso, hoxe tráioche a esta bitácora dous exemplares xenuinos da fauna política autóctona que poden competir con garantías de éxito fronte a calquera especimen foráneo.
Por un lado temos a José Blanco, alcalde de Negreira (A Coruña), nun discurso dunha inauguración (creo):
Estando Don Manuel en un gobierno, es distinto, porque Don Manuel tiene un estado en la cabesa, está comprobado, lo saben todos los políticos que Don Manuel tiene un estado... en la cabeza... y él... moviendo un dedo maneja un estado. Por eso les digo: coidémolo!! porque el día que Don Manuel falte unos iremos para el infierno y otros pa el purguratorio... Atención...! Atención!
Se queres escoitar a don José na súa propia voz (asegúroche que paga a pena) fai clic co botón dereito enriba do enlace e selecciona "Guardar destino como...".
Blanco_Pazos.mp3
Por outro lado, Teodosio Martino, alcalde de Ordes (A Coruña), comentando a alta taxa de mortes por cancro no seu municipio:
Hoy por hoy un 30% de la gente que muere es por cáncer. Y si en una calle hay una media de cinco o seis personas por vivienda, el 30% significa que uno o dos TIENE QUE MORIR DE CÁNCER CUMPLIENDO LA NORMATIVA. Y si coincide que todos son ya de cierta edad el azar te puede hacer cualquier tontería. Es como si un tío que no sabe nada de fútbol te acierta catorce en una quiniela. Y es que tampoco el número de casos era tan grande, lo que pasa es que se dieron casos en todas las casas.
 
A prima Esther
Aquí estou de novo na miña pose favorita, a de bebé, nesta ocasión nos brazos da miña prima Esther, que por aquela época era unha das miñas coidadoras.
Imaxino, aínda que ela non mo diga, que lle debín dar bastante que facer, polo que aproveito para darlle as grazas. Mellor tarde que nunca, non si?
 
Intelixencia artificial
Nunha das miñas expedicións por internet tropecei cunha páxina que me pareceu interesante. Trátase dunha versión de proba dunha IA (Intelixencia Artificial).
O que terás que facer é responder a unha serie de preguntas que che fará a IA e xa verás como acaba averiguando o animal, vexetal, mineral ou obxecto no que pensaches.
Eu fixen a proba con taza e resolveuno con facilidade.
Anímate a probar. Pincha aquí para ir á páxina.
saúdos.
 
Ardor patriótico
Sigo a voltas co álbum de familia. Primeiro foron os papás e agora tócalle a Uxío, meu irmán. Del escollín este momento militar da xura de bandeira, que era unha cousa moi seria moi seria moi seria.
O acto tivo lugar na Coruña e alí nos plantamos todos os da casa para compartir o momento. Fíxate como estaba montada a cousa que mesmo a min, que ben sabido é que nunca me tirou o mundo militar, se me poñía a carne de galiña ante tanta solemnidade, tanta marcialidade, tanto desfile e tanta música.
Hai que ver con que velocidade pasa o tempo!