Carne ao caldeiro
Teo, ademais de ser o concello no que nacín e no que vivo, é un auténtico filón de noticias pintorescas. Hoxe achegueime á páxina de MIguel Cancio, profesor da universidade de Santiago, moi coñecido tanto pola súa dilatada experiencia académica (isto sempre queda ben) como por cuestións alleas á docencia, tales como a súa defensa da bendita causa do nudismo ou a súa participación, por poñer un exemplo pavero, nas asambleas do Compostela cando Caneda (mágoa que non sexa de Teo...!) era quen cortaba o bacallao.
Ben, o caso é que entro na web do profesor Cancio e leo que un tal Licho (creo que irmán do Príncipe Galín, pero ese é outro tema) fai o pregón da festa da carne ao caldeiro de Santa María de Teo do ano 2003. Repasemos: Galicia, carne ao caldeiro, pregón... Ata aquí todo normal. Mesmo podería engadirse un mitin e seguiría sendo normal. O que me sorprende máis é o tono dese pregón, que é presentado nos seguintes términos:
Tratase dun pregon festeiro/festivo, sacro-pagano, parroquiano(para as parroquias de Agromaior, Campos, Fontenlo, Mallos, Noceda, Vilachaiño, Vilar de Santa María de Teo), latino-galaico-español-angloamericano -pessoaniano-lacaniano- doubrovskiniano: Caro súggerit mollia, mundus vana, diábolus amara(La carne tienta con dulzuras, el mundo con vanidades, el demonio con amarguras, San Bernardo de Paris Liber meditationis); autofiction-lignes de fiction pour essayer de chercher quelque sens de soi meme en tant que autre, de la vie que nous vivre vida mía(l´amour eternel que toujour se cherche), et du monde en tant que gens, en tant que peuple charnel-spirituel; la carne -Terneira Galega- nos tienta con sus frescos racismos(Ruben Dario), el Polbo nos embelesa(Manoliño de Carballino O Polbeiro Mellor) et l´esprit vivifie avec le soupe de cheval trainant/encabritant(logiz fuzzy); mais, ¡ollo o piollo¡ farto/harto de carne o demo/el demonio faise predicador. Voilà unha mostra da polifonia polisemica da carne o caldeiro e do seo pregoneiro.
Se o discurso se desenvolveu segundo este guión quédame a mágoa de non me ter achegado ao campo da festa para asistir en directo á exposición e resolver unha dúbida que me corroe: o pregón estaba pensado para antes da festa, para acompañar a queimada ou para botar á xente para a casa?
Se queres ler o artigo, vai aquí
Di Cancio que se lle cite cando se utilicen os seus textos. Cumpro con creces, profesor Cancio.

O alcalde de Teo queda sen galiñeiro
Por fin luns, dígoo sen coña. Despois de pasar esta fin de semana literalmente pegado ao ordenador da mañá á noite para darlle forma a un proxecto que non podía demorarse, chega este luns, o último de abril, no que podo tomarme un pequeno respiro. Entre as tarefas pendentes, faltaría máis, está revisar o blog e poñer algunha novidade para darche que ler.
Revisando xornais atrasados dei cunha noticia do meu concello que me cautivou. Titúlase Denuncian las molestias causadas en Teo por una colonia de gaviotas e, cousa ben rara, implica ao noso alcalde, o Doctor Blanco. Resulta que detrás do seu establecemento hosteleiro, don Armando ten un galiñeiro a ceo aberto, imaxino que para enriquecer con ovos da casa as tortillas dos VIP. Tal galiñeiro, segundo parece, atrae a multitude de gaivotas que, de acordo coa versión dos denunciantes, "producen suciedades, defecan e báñanse nas augas da piscina da urbanización, manchan a roupa que seca nas terrazas, manchan as claraboias, os tellados e as paredes do edificio con excrementos, producen ruidos e molestias, que afectan en gran medida aos veciños". Xenial. Iso si, o alcalde comprometeuse a pechar o galiñeiro. Nada que temer, polo tanto.
Le aquí o artigo que publica A Voz de Galicia.

Museo virtual do puticlú
Agora que tanto se levan os museos virtuais quéroche propoñer un proxecto dos meus (medio en broma, medio en serio) do que non teño atopado antecedentes. Verás, trátase de recopilar fotografías deses locais de carretera iluminados con luces vermellas que se autodenominan clubs ou whiskerías e que todos coñecemos polo nome de puticlús.

Eu empezo aportando unha xoia, un local que se mantivo operativo ata hai menos de dez anos na carretera de Santa Comba a Zas. As fotos fíxenas haberá uns doce anos. Ben, o chiringuito tiña un nome, Perla Negra, escrito en vermello con algo así como unha tella ou un ladrillo (fíxate na parte esquerda da ventá do medio e verás o rótulo). Polo demais, todo garda unha perfecta harmonía: o timbre, a porta sinistramente entreaberta, un minitellado de chapa na parte inferior esquerda para uso e disfrute do can, o letreiro de Teais, as bombillas de cores colgando da cornisa (apenas se ven, pero unha delas está na ventá da esquerda). Só faltan fotos do interior e algunha instantánea da clientela, pero este humilde reporteiro non se atreveu a ir máis alá. Supoño que o comprendes.
E ben, agora que todos andamos a voltas coas cámaras dixitais non ha ser difícil que vaiamos facendo fotos deses centros de ocio, sobre todo daqueles caracterizados pola súa extrema cutrez. Eu ireinos xuntando e ofrecéndoos neste espazo dixital. O meu correo: xdafonte@yahoo.es.

100% católico por 2 euros, oiga

A moda das pulseiras de cores parece que está atarvesando un bo momento. A primeira da que tiven noticia foi a da fundación Livestrong, liderada polo ciclista Lance Amstrong, que comercializa Nike para recadar fondos para a loita contra o cancro; despois viñeron un cento delas, como a pulseira Nike contra o racismo ou a pulseira contra a SIDA.
Onte atopei o que para min é unha novidade: a pulseira que te presenta ante o mundo como 100% católico. Se tes 2 euriños e consideras que o teu grao de pureza acada esa porcentaxe só che falta pinchar neste enlace e... ti mesmo/a.
Outro ano en Riazor
Día D: 10 de abril. Hora H: 21,00. Estas son as coordenadas da nosa xa tradicional visita anual a Riazor. Aquí nos tedes, tres deportivistas e un barcelonista pasando frío nas bancadas do estadio no que outros anos asistimos a moi bos partidos de fútbol. Claro que eran outros tempos, o equipo estaba na cresta da ola e xogaba cunha ambición e cunha fe nas súas posibilidades que agora parecen perdidas. Desde aquí convido aos meus amigos deportivistas a que asuman con serenidade estes malos momentos. Pode servirlles o exemplo dunha das estrelas deportivistas doutros tempos, Diego Tristán, a quen vimos disputar este partido, que el mesmo calificara como trascendental en declaracións previas, cunha indiferencia antolóxica e sen gastar unha caloría de máis.
O mellor, coma sempre, foi a xornada que compartimos e a excepcional acollida que nos brindaron Ricardo e Mariés, que unha vez máis exerceron á perfección o seu papel de anfitrións.E, antes de rematar, aproveito para mandarlle un saúdo a Antonio, que, desde a súa privilexiada posición a pé de campo, estivo pendente de nós durante todo o partido.
Clube de fans de Ratzinger
Leo con asombro (a este paso, seguro que pronto perderei esta capacidade) un comentario nun dos meus blogs favoritos, El Gran Mimón. Resulta que o cardeal Ratzinger ten un clube de fans (http://www.ratzingerfanclub.com/) que, ademais de aportarche información sobre a vida e milagros do personaxe, ten un apartado denominado SHOP que che ofrece a posibilidade de adquirir artículos rotulados co seu nome, tales como camisetas, tazas, etc. Navegar para crer.
O Doctor Blanco
Como verás, nestes últimos días estoume interesando polo apaixoante mundo dos alcaldes galegos. Hoxe toca falar do meu concello, Teo, e do seu alcalde, Armando Blanco.
Seguramente xa saberás que o rexidor teense accedeu á honra de doctor honoris causa (tal como cho digo) alá polo mes de outubro de 2004, non sen antes protagonizar un culebrón estival polas insistentes acusacións de tongo vertidas desde a oposición municipal.
Como a hemeroteca dixital de La Voz de Galicia é un luxo, déixoche aquí a crónica que fai Juan Capeáns do acto da investidura, celebrado con toda pompa e boato no marco incomparable de San Martiño Pinario. Especialmente emotivo é para min o momento no que un dos representantes da institución que concede tan preciado galardón detalla aos asistentes os méritos que concorren na figura do destacado político de Cacheiras: "Don Armando Urbano Blanco Martínez también ha sido condecorado con la insignia de oro de la fiesta de la carne ó caldeiro; Porco de Prata de las fiestas parroquiales de Teo; Folla de Prata en Cambados... y otros honores menos importantes"
Recoméndoche que pinches no enlace que antes che indiquei e que disfrutes do texto de Juan Capeáns.

Máis madeira en Negreira
Xa teño claro que don José Blanco, alcalde de Negreira, é o político de moda. Despois de deleitarme co marabilloso discurso teolóxico sobre inferno e "purguratorio", navego un pouco e atopo este texto, que reproduzo textualmente:
O Alcalde de Negreira, Blanco Pazos, almacena uns 2 metros cúbicos de madeira de boa calidade, valorada aproximadamente en 3.000 euros, para dispoñer dela ó seu antollo e empregala sen darlle explicacións a ninguén.
A madeira, que foi recibida no concello hai máis de dous meses, atópase oculta nun cuarto pechado a cal e canto no baixo do edificio municipal de usos múltiples ubicado no parque do Coto, baixo que tamén se vén destinando para realizar nel os cursiños de carpintería que ano tras ano Blanco solicita da Xunta, sendo practicamente estes os únicos cursiños de formación que se celebran no Concello de Negreira dende que Blanco accedeu á alcaldía... [bla bla bla].
Máis leña ao mono. Na edición dixital de El Correo Gallego do 1 de agosto de 2004 pode consultarse a deliciosa crónica doutro acto de homenaxe con Fraga e José Blanco como protagonistas, esta vez acompañados do mítico Manolo Escobar.
"Don Manuel, usted ha sido el mejor, y sigue siéndolo; admiro a Fraga por sus hechos, humildad y generosidad''. Con estas palabras agradecía ayer el alcalde Negreira, José Blanco Pazos, la presencia del presidente de la Xunta en el tradicional macrohomenaje privado servido en su residencia. Por su parte, el jefe del Ejecutivo gallego respondía al regidor advirtiendo de que "Negreira era antes un pueblo muerto, y ahora está lleno de grúas''. Y, entre ambos, el gran Manolo Escobar, que deleitó y emocionó (al auditorio y a Fraga) cantando a capella Mi carro y Madrecita María del Carmen.
Está claro que se non existira José Blanco non quedaría máis remedio que inventalo.
O Alcalde de Negreira, Blanco Pazos, almacena uns 2 metros cúbicos de madeira de boa calidade, valorada aproximadamente en 3.000 euros, para dispoñer dela ó seu antollo e empregala sen darlle explicacións a ninguén. A madeira, que foi recibida no concello hai máis de dous meses, atópase oculta nun cuarto pechado a cal e canto no baixo do edificio municipal de usos múltiples ubicado no parque do Coto, baixo que tamén se vén destinando para realizar nel os cursiños de carpintería que ano tras ano Blanco solicita da Xunta, sendo practicamente estes os únicos cursiños de formación que se celebran no Concello de Negreira dende que Blanco accedeu á alcaldía... [bla bla bla].