O Deza arde en festas

Galicia aaarde en feesstas!, velaí unha frase xa mítica -cando menos para min- de Luís Rial, o orondo e rimbombante locutor da Radio Galega. Por certo, non sei se sabes que este profesional das ondas foi distinguido no ano 2004 cunha Medalla de Galicia, un galardón co que o presidente da Xunta recoñecía formalmente os máis de corenta anos de labor radiofónico deste ilustre membro da Fundación O Grelo.
Ben, a mentada frase de Luís Rial, por moi tópica que resulte, non está feita á lixeira, pois de sobra sabemos que o calor estival chega a estes pagos na compaña dunha epidemia de lume e da man dun saturadísimo calendario de festas-enchenta (ai, esa idiosincrasia nosa!). Noutras palabras, o verán deixa na nosa-terriña-noso-lar moito monte calcinado e colesterol a esgalla.
A foto que estás vendo corresponde a un escaparate dunha cristaleira da Vila de Cruces que, polo que se ve, está consagrada a dar testemuña gráfica do catálogo de festas rachadas da bisbarra. Míraa ben e verás que non lle falta de nada: a actuación das Supremas de Móstoles (festas de Silleda); a V Festa da Paella de Cortegada (Silleda), un evento gastronómico que en principio parece bastante alleo á zona do Deza, pero eles saberán; un carteliño, xa case tapado na súa totalidade, no que se reivindica o reggaeton; por último, e tamén xa a piques de ser enterrado por novos pósters, sobrevive aínda un anuncio da VII Forxa Literaria que se desenvolve na Casa Museo A Solaina de Piloño (Vila de Cruces). Non negarás que, aínda que un chisco abigarrada, a composición é potente.
Unha travesura que sae cara
Chámase Samukeliso Sithole e acabo de ver a súa historia na páxina web do diario Marca, concretamente aquí. O bo de Samukeliso competía con gran éxito, aos seus 18 aniños, en probas de atletismo feminino. Por aquelo de despistar, utilizaba un wonderbra feito na casa con recheos de papel. A cousa ía vento en popa ata que chegou unha denuncia e, hai uns días, unha sentencia de catro anos de cadea. Cópioche o texto que lin no Marca.
Cuatro años de cárcel para un atleta que se hacía pasar por mujer
Un atleta de Zimbabue que consiguió varios triunfos en competiciones femeninas fue condenado a cuatro años de prisión por "comportamiento indecente", según afirmaron fuentes judiciales de ese país.
Samukeliso Sithole, de 18 años, fue detenido el pasado mes de febrero como consecuencia de una queja formulada por una de las rivales en una competición.
"Se le condena por el atentado que ha cometido a la dignidad de las mujeres que se desvestían en su presencia", declaró el fiscal del caso, Tapfumanei Nkonde.
Según el fiscal, Sithole, que usaba un sujetador relleno de papel para hacerse pasar por una mujer, fue denunciado por uno de sus tíos, que explicó que su sobrino quería ganarse su sustento como atleta y que por eso decidió "hacerse pasar por una mujer".
Declaró que había nacido mujer
En el proceso abierto, Sithole declaró que había nacido mujer, pero que, poco a poco, había desarrollado órganos sexuales masculinos por "el mal de ojo" de un curandero.
Sithole participó en varias competiciones femeninas júnior en las pruebas de triple salto, jabalina y vallas. En junio de 2004 consiguió una medalla de oro en un competición internacional organizada en Botsuana.

Os outros
Estaban apostados na Praza de San Pedro mentres agonizaba o Papa Wojtyla. Lembrarás as imaxes televisivas: miles de persoas con rostros apesadumbrados que prendían cirios e velas ao tempo que rezaban e rezaban e rezaban. No momento da morte do pontífice polaco aquelas expresións de dor perderon toda contención e deron momentos mediáticos de grande intensidade que, non ía ser menos, foron carne de retransmisión televisiva en todo o mundo mundial. Durante días fixeron cola para poder ter un achegamento fugaz ao Papa falecido. Despois veu o cónclave e a elección do novo xefe da igrexa e alí estaban outra vez, abrazándose, axitando as bandeiriñas, chorando de alegría.
Saltamos un pouco no tempo. Hai uns días tivo lugar un acto extravagante no que unha lexión de políticos, deportistas de elite e, sobre todo, gangsters acordaban a designación de Londres como cidade olímpica para o ano 2012. Conectaban as televisións coa capital británica e alí estaban outra vez, en pleno Trafalgar Square, axitando bandeiras, saltando, cantando, abrazándose... É de imaxinar que estes días, cando toque escenificar a catarse post-terrorista en Londres, volvan a ocupar as rúas con xesto apesadumbrado pero firme, tal e como require o guión. Porque esa é outra: cada vez que se produce un atentado eles aparecen por millares, saídos non se sabe de donde e dispostos a canalizar a dor colectiva provistos de miles de veliñas acesas, coas mans pintadas de branco ou vaia vostede saber como... Iso si, dous días máis tarde despregaranse para concelebrar o ascenso do seu equipo, a victoria dun líder político ou, e ninguén parece sorprenderse por isto, para extasiarse ante o feito aparentemente banal de que un reloxio dunha praza marque as 12 horas na noite do 31 de decembro. E volta a empezar.
Todas estas apoteosis do colectivo resúltanme fascinantes e inquietantes a un tempo. A súa métrica é tan precisa como a dos movementos das mareas ou das estrelas. Pero as estrelas son estrelas e nós estamos a falar, cando menos en teoría, de fenómenos protagonizados por persoas. En fin, terasme que axudar a darlle resposta a moitas cuestións que non consigo resolver.
Velaí só algunhas, que non é plan de que te canses en vacacións:
Existen esas persoas ou son unha representación dixital? Son sempre as mesmas, é dicir, constitúen un corpo específico? A que dedican, como diría JL Perales, o tempo libre, isto é, que fan cando non actúan nos grandes actos deseñados para pastorearnos?

Villatuje-Carballino
Levo anos vendo este indicador-reliquia en Lalín, nun cruce que queda a dez ou quince metros do IES Laxeiro. Téñolle falado del a moita xente e xa non é a primeira vez que me din que, como leva alí tantos anos, xa nin o ven. Ver non o verán, pero esta semana aínda estaba alí.